blogue deavotero

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2022-2023. RESOLUCIÓN PROVISIONAL DE ADMITIDOS

Procédese á admisión provisional de todas as solicitudes recibidas neste centro para o curso escolar 2022-2023.

As listaxes provisionais de solicitudes poden consultarse:

a) Presencial: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. En base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais, non se poderá realizar por ningún outro medio físico de publicación.

b)  Non presencial: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e Timbre.

Contra a Resolución poderase presentar reclamación ante o Consello Escolar do centro no prazo de 5 días hábiles a partir do seguinte á publicación.

TODAS AS SOLICITUDES PRESENTADAS SON ADMITIDAS XA QUE É SUPERIOR O NÚMERO DE VACANTES QUE DE PRAZAS SOLICITADAS.

cantiga do entroido

Os nenos de 1º e 2º curso de primaria imos cantar e bailar ó ritmo de Fatou Yo, unha canción senegalesa cantada por Faltriqueira, un grande grupo de rapazas galegas. No vídeo podemos ver a canción orixinal.

Ademais tamén imos bailar ó son da música de Oceanía coa canción Epo e Tai, tradicional canción infantil que neste vídeo pode verse coas danzas propias dos aborixes australianos.

 

Himno e situación

Os  alumnos  de  1º  imos estudiar o país do noso compañeiro Bachir:  SENEGAL

 

 

Pica na bandeira se queres escoitar e ver a letra do himno deste país.

 

Distribuir contido