blogue decarmenvazquez

A PRIMAVERA

Coma cada ano cando chega a primavera decoramos a clase con cousas típicas da estación flores,follas, animais,... e este ano non podía ser menos.Mirade que bonito nos quedou.

primavera - foto montaje

Día do libro

       O día 23 de Abril celébrase o día do libro e o cole dende hai 4 anos celebra a feira do troco onde os nenos e nenas traen das súas casas contos que xa non usan,que xa non lle prestan atención,.. e os poden cambiar por outros que lles guste.Esta feira remata o venres asi que vos animo a que participedes.Dende a aula fixemos un marcapáxinas que cada neno decorou deixando voar a súa imaxinación flores,dinosaurios,soles e ata lúas,... quedaron ben chulos para que cando teñamos que deixar un conto a medias saibamos en que páxina o deixamos.

Por fin!!!!!

       Por fin poidemos celebrar a carreira solidaria que tiñamos pendente dende o mes de xaneiro.

  Comezamos as 10 os nenos de infantil  e o primeiro ciclo de primaria na pista.O fixeron moi ben e estaban moi animados e a verdade que a causa ben valia a pena.Despois fomos para o paseo pois tiñamos que animar aos maiores que o fixeron estupendamente.Pasamos unha mañá moi divertida todos os compañeiros xuntos facendo deporte e ademais co fin de axudar aos mais desfavorecidos.

OS IRMÁNS GRIMM

Nicoleo propúxonos a todo o cole facer un traballiño sobre os irmáns Grimm,pois este ano conmemórase o 200 aniversario dende a súa primeira publicación.

A nosoutros tocounos o conto "El zapatero y los duendes",fixemos un mural entre todos e o conto.

Todos os traballos están expostos na biblioteca do cole e a verdade que quedou ben bonita.Na hora de biblioteca fomos a ver a exposición de todos os nosos compañeiros e lemos algún conto dos irmáns dos nenos da aula coma Jonathan,o irmán de Aldara,Martín,o irmán de Mateo,Yago ,o irmán de Martín,Hugo o irmán de Marta,Izan,o irmán de Olaya e Samuel,o irmán de Unai.

Gracias Nicoleo por propoñernos cousas tan interesantes.Estamos desexando recibir unha nova carta túa.

GEORGINA

O venres pasado tivemos unha nova moi triste a nosa compañeira Georgina marchaba para Rumania.Puxémonos moi tristes pero tiñámonos que despedir dunha maneira alegre para que cando pensara  nos seus compañeiros nos lembrara con ledicia.

Fixemos unha festa con baile por suposto tiñamos que mover o noso esqueleto e para que non  nos esquecera uns agasallos.Fixémoslle un libro cos nosos mellores debuxos,un cd con fotos de todas as actividades que realizamos no cole e un libro de Dora a exploradora pois lle gustaba moito.

A botaremos moito en falta,moitos bicos Georgi e ata cando queiras.

ESPUMA DE AFEITAR

Este ano voltamos a xogar coa espuma de afeitar.Esta técnica xa a usamos o ano pasado pero como lles gusta tanto  tiñamos que repetir.

A actividade consiste en debuxar na mesa pero se vos fixades  nas fotos tamén lle tocou o nariz,á cara,aos brazos,mandión,..pero o máis importante era pasalo ben e penso que iso conseguímolo. 

O xornal

Traballamos  o xornal e unha das actividades era atopoar as letras do seu nome e  compoñelo.Só puiden sacar algunhas fotos pois había que botar unha man aos nenos/as.

CUMPLES DE MARZO

Este mes de marzo festexamos o cumple de Sara,Mateo e Nadjara.Parabens aos tres e moitas grazas por ese rico biscoito e os chuches.

COÑECEMOS O CORPO HUMANO

Este ano estivemos aprendendo cousas do corpo humano os órganos,algúns ósos,os coidados que precisamos para estar sans e fortes,...Tamén nos medimos,nos pesamos,exploramos e xogamos co material que trouxemos da casa,que nos prestou Nicoleo,que atopamos por internet,...Pintamos un cadro do pintor Sorolla "Niños en la playa",...Coma podedes ver fixemos moitas cousas nesta presentación van algunhas fotos.Por certo a presentación ten música,tedes que premer o botón.

os ósos

Outro video pero esta vez do esqueleto

 

Distribuir contido