DÚAS CONVOCATORIAS
- Ata o 18 de xuño
- Do 6 ao 17 de setembro
Poderán ser beneficiarios/as destas axudas as unidades familiares residentes no Concello de Vilagarcía de Arousa con menores matriculados/as nas etapas 1ª e 2ª de Educación Infantil, nos Centros de Ensino sostidos con fondos públicos e nas Escolas Infantís autorizadas de Vilagarcía de Arousa.
REQUISITOS
— Estar empadroado e ter residencia efectiva permanente no Concello de Vilagarcía de Arousa.
— Ter fillos/as en idade escolar matriculados/as en 1ª ou 2ª etapa de Educación Infantil en Centros de Ensino sostidos con fondos públicos e nas Escolas Infantís autorizadas de Vilagarcía de Arousa.
— Non supera-los ingresos económicos fixados no baremo destas bases
— Presentar toda a documentación requirida, e no prazo establecido, nestas bases.
— Convivir co menor a cargo.
— A condición de beneficiario/a poderá obterse aínda que non se cumpran os requisitos esixidos no artigo 10.2 da lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia.
DEIXAMOS O ENLACE Á CONVOCATORIA E AO DOCUMENTO ENVIADO POLO CONCELLO. PARA MÁIS INFORMACIÓN CONTACTAR CO CONCELLO DE VILAGARCÍA.