Skip to Content

Mochilas viaxeiras

" PROXECTO: MOCHILAS VIAXEIRAS"

CURSO 2019-20

Un ano máis poñemos en funcionamento a actividade das "mochilas viaxeiras". Como xa sabedes consiste en levar para a casa durante uns días unha mochila chea de libros, dvds, cds… que deben manterse en bo estado e devolvela completa ao colexio no prazo establecido, para que poida continuar a súa viaxe.

Durante este curso serán 18 as mochilas que iran de viaxe ás casas do noso alumnado: unha por aula desde 1º de primaria a 3º e dúas por aula para 4º, 5º e 6º.

 

Algúns dos obxectivos que tentamos acadar son:

  • Mellorar o hábito lector dos nos@s alumn@s.
  • Favorecer as relacións familia-escola, dándolle a importancia que as dúas teñen na educación dos nen@s.
  • Coñecer diversos tipos de libros (informativos, de ficción, álbumes, cómics, etc…)
  • Facer unha pequena achega ás novas tecnoloxías.
  • Traballar a responsabilidade e o respecto polo material compartido.
  • Disfrutar dun tempo de lectura e xogo compartidos en familia.

 

Dentro da mochila tamén irá un caderno no que se poden plasmar as diferentes opinións, reflexión, debuxos… sobre a actividade das mochilas viaxeiras e do seu contido. Os vosos comentarios axudarannos a seguir mellorando.

 

Nos arquivos adxuntos poderedes atopar a carta dirixida as familias así como a listaxe do contido de cada mochila.

 

Desexamos que desfrutedes desta actividade e do placer de compartir cos vosos fillos e fillaso momento de abrila e comezar a viaxe ao mundo máxico das bibliotecas.

Mochilas viaxeiras 2020-2021

Con moitas ganiñas de ver mundo, hoxe saen para a casa as mochilas viaxeiras. Este ano son 22 as mochilas que saen de paseo a levar un pouquiño de poesía, historias, música, comics, aos vosos fogares.

Desexamos máis que nunca que desfrutedes desta actividade e que está pensada para gardar todas as medidas de seguridade posible. Por iso non todas as mochilas sairán á vez. En cada aula de primaria, unha mochila sairá de viaxe e outra quedará esperando o seu turno e gardando corentena.

Esperamos ver esas libretas/diario cheas das vosas impresións, preferencias lectoras, recomendacións, ... cuns debuxos preciosos, como os que sempre facedes.

3, 2, 1, ... imos aló!

O contido das diferentes mochilas pódese ver nos arquivos adxuntos.

Que podo atopar na miña mochila?

Si queredes saber cal e o contido da vosa mochila viaxeira ou tedes curiosidade por saber que hai nas outras mochilas, so tedes que pinchar na etiqueta do voso curso ou do curso que querades ver.

PARA VIAXAR SEN LIMITES O MELLOR E UN BO LIBRO

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut