Skip to Content

Animación á lectura

FESTEXAMOS O DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Hoxe, un día antes da súa data oficial, recibimos unha mensaxe da nosa bruxina da biblioteca, Lelucha. Ademais deixounos uns agasallos especiais. Os primeiros agasallos apareceron nas clases o segundo o publicitamos a través da web. Poñemos en funcionamento un blog onde iremos colgando as actividades ou informacións da nosa biblioteca. Podedes acceder a el a través do menú lateral ou pinchando nesta imaxe.

Esperamos as vosas visitas!

Samaín

Esta semana, aínda que foi corta, deixounos unha chea de actividades relacionadas co Samaín. Desde o equipo de apoio á biblioteca e coa axuda dos nenos e nenas de sexto, organizáronse lecturas de Samaín para todos os públicos. O luns e martes, na hora do recreo fixéronse as sesións de contacontos. Foron todo un éxito! Os lectores do mellorriño e o público moi atento. Que máis se pode pedir?

Pinchando nas imaxes podedes escoitar un anaquiño dos contos.

 

                                   

     Video                                                   Video                                        Video

                                                 

                                     Vídeo                                              Vídeo

O mércores tocounos aos mestres e mestras facer de lectores cos nosos xa tradicionais obradoiros de lectura. Sesións de lectura para nenas e nenos de idades diferentes, que se pauntan libremente, escollendo a onde lles apetece ir de oíntes.

Como vedes, esta semana pasámolo DE MEEEEEEEDOOOOO!!!

Chámome PAZ

Hoxe celebramos no colexio o DIA DA NON VIOLENCIA E A PAZ, fixemos diferentes actividades como bailar, cantar, texer e tamén escoitar un conto adaptado o galego polas voces dos nosos compañeiros. Para que todos o disfrutemos aquí vós deixamos o enlace, pincha na imaxe.

 

Animación á lectura

visitasobradoiros lecturaobradoiros lectura

Distribuir contido


by Dr. Radut