Rematado o prazo de presentación de solicitudes de matrícula para o vindeiro curso 2021/2022 informamos que, na listaxe provisional,
TODAS AS SOLICITUDES FORON ADMITIDAS.
A formalización da matrícula será do 20 ao 30 de xuño.
En caso de dúbida, poden poñerse en contacto co centro a través de correo electrónico ou por teléfono.
RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2020-2021
DOCUMENTACIÓN QUE SE DEBE ACHEGAR COA SOLICITUDE:
a) Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.
b) Copia do Libro de Familia.
c) Documento acreditativo da idade do/da alumno/a.
d) Certificado oficial do expediente académico, de ser o caso (no caso de que a/o nena/o estea xa matriculada/o noutro centro).
e) Sentencia xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, no seu caso.
Poden consultar a normativa que regula o proceso de admisión de alumnado premendo nos seguintes enlaces:
- DECRETO 254/2012, do 13 de decembro,
- ORDE do 12 de marzo de 2013
- ORDE do 25 de xaneiro de 2017
- ORDE do 18 de decembro do 2020
Vacantes ofertadas no CEIP O Piñeiriño para o curso 2021-2022:
EDUCACIÓN INFANTIL
4º E. INFANTIL → 50
(6 prazas reservadas para alumnado NEAE)
5º E. INFANTIL → 21
6º E. INFANTIL → 12
EDUCACIÓN PRIMARIA
1º E. PRIMARIA → 10
(5 prazas reservadas para alumnado NEAE)
2º E. PRIMARIA → 5
3º E. PRIMARIA → 15
4º E. PRIMARIA → 24
5º E. PRIMARIA → 12
6º E. PRIMARIA → 8
Vacantes publicadas con data 23 de febreiro de 2021
A SOLICITUDE PODE PRESENTARSE:
1. NO CENTRO : a través do seguinte formulario . Para presentar as solicitudes no centro farase no horario de secretaría de 13:40h a 14:30h.
2. A TRAVÉS DE ADMISIONALUMNADO: para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para elo deberá premer na icona verde que se atopa arriba a dereita
.
Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que ten que indicar os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá firmar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de firma remate correctamente.
IMPORTANTE: Debe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, ultima páxina da solicitude que pode visualiar e descargar nesta aplicación).
Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.
- Cada solicitante presentará unha única solicitude no centro no que solicita praza en primeiro lugar, podendo poñer ata 6 centros por orde de preferencia, sendo nulas as solicitudes que se presenten en dous ou máis centros.
- A solicitude terá que estar asinada por calquera das/os titulares da patria potestade ou representantes legais.
No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambos proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles.
No suposto de alumnado afectado por situación de violencia de xénero non será exixible o previsto no parágrafo anterior.
- O alumnado xa matriculado ten garantía de permanencia no centro. No caso de presentar una solicitude de admisión noutro centro distinto deberá comunícalo, ao mesmo tempo, no centro de orixe.
- O alumnado que reserve praza terá que formalizar a matrícula nas datas establecidas: do 20 ao 30 de xuño.
INFORMACIÓN DE INTERESE
As zonas de influencia do centro son:
- Urbanización do Piñeiriño.
- O Piñeiro.
- Vilaboa.
- Figueirido.
- Fontecarmoa (compartido coa comunidade educativa de A Lomba)
- O Castriño: dende o edificio Guernica cara Vilaxoán.
- Parroquia de Sobradelo: dende a rúa San Cibrán (non incluída) cara Vilaxoán.
Instituto ao que estamos adscritos: IES Fermín Bouza Brey
Servizos complementarios do centro:
- Transporte escolar. Dúas rutas: RUTA I (Vilaboa, Figueirido I, Figueirido II, Canelas, Ferrazo-Lago) e RUTA II (Xesteira, Piñeiro, Renza).
- Comedor escolar, xestionado pola ANPA.
- Plan Madruga, xestionado pola ANPA.
- A ANPA do colexio organiza tamén, en función da demanda, Actividades Extraescolares, entre outras actividades.
PARA MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O PROCEDEMENTO E AS VACANTES, ACCEDE AOS DOCUMENTOS ADXUNTOS AQUÍ DEBAIXO.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2021_2022.pdf | 128.87 KB |
MD_Listaxe vacantesweb.pdf | 414.6 KB |