Skip to Content

NOVAS SOBRE A 2ª AVALIACIÓN.

2º avaliación.

Seguindo as instruccións da Inspección Educativa, a 2ª avaliación dase por pechada con data 13 de marzo.

Por este motivo, as familias poderedes acceder ás notas desta 2ª avaliación, a partires do xoves, 2 de abril de 2020, utilizando a aplicación da Consellería de Educación abalarMóbil, sen prexuizo de que, no seu momento, se entreguen en papel.

Se non utilizades aínda esta aplicación (gratuita), aquí podedes ver a guía para descargala e utilizala (ou facendo clic sobre a imaxe).

Para poder acceder á aplicación abalarMóbil é preciso que o voso número de teléfono estea rexistrado na plataforma XADE, é dicir, que sexa o mesmo número que facilitastes ao centro no momento da matrícula. Se vos aparece unha mensaxe indicando que o número non está asociado a ningún alumno ou alumna, podedes chamar ao centro ou enviar un correo electrónico é solicitar a actualización dos números de teléfono móbil.

Chamada ao centro: de luns a venres, en horario de 10:00 a 13:00 horas (na medida do posible)

Correo electrónico: ceip.pineirino@edu.xunta.es

Se, por algunha circunstancia, non podedes utilizar esta aplicación, enviade un correo electrónico ao enderezo  arriba indicado, poñendo os datos do alumno ou alumna, nome do pai, nai ou representante legal e nome do titor ou titora, quen vos fará chegar a ese mesmo mail ás notas do neno ou nena.



page | by Dr. Radut