Skip to Content

Manu San Félix no Piñeiriño

Este mércores tivemos a sorte de poder asistir a unha conferencia e obradoiro a cargo de Manu San Félix e o seu equipo. Foron os maiores do colexio (3º, 4º, 5º e 6º de primaria) os afortunados que puideron compartir a experiencia con este gran profesional. Comezouse coa proxección dun documental e un coloquio no que os nenos e nenas (de 3º, 5º e 6º) puideron facerlle ao biólogo as preguntas que lle xurdiron. A continuación foi o turno dos nenos e nenas de 4º que participaron dun obraoiro no que, entre outras cousas, diseccionaron mexilóns. 

Como agasallo Manu San Félix deixounos unha mostra das súas fotografías.

Moitas grazas polo bo momento compartido e por todo o que aprendemos!

 

 

Si queredes ver como recolle a prensa esta experiencia, so hai que clicar nas imaxes.

                     

Acceso á prensa                          Acceso á prensa

 



book | by Dr. Radut