Skip to Content

PDI

Proxecto Documental Integrado

Expericiencia na rúa

Gustounos tanto o noso traballo que o quixemos compartir con toda a comunidade educativa, así que programamos un día de CIENCIA NA RÚA.

Tivemos moitas, moitas visitas no stand que o concello nos instalou na Praza Galicia, pasámolo moi ben, podedes gozar con nós vendo este vídeo.

 

Expericiencia en Familia

Para compartir coas nosas familias todas as nosas aprendizaxes sobre a ciencia, dedicámoslle unha xornada de Expericiencia en familia.Nesta xornada os pais, nais, avós... viñeron ó cole para facer con nós lecturas sobre as sementes, plantamos, fixemos xabóns aromáticos, experimentos,...... e como non unha merendola estupenda. 

Se premes na imaxe poderás ver un vídeo desta xornada.

As sementes

Os nenos de 6º de educación infantil queren compartir con todos vós o traballo realizado sobre as sementes e a súa clasificación. Esperamos que vos guste. Clica na imaxe para ver o noso vídeo

 

Compartimos cos nen@s de 4 anos as nosas investigacións

Recibimos unha invitación dos nen@s de 4 anos para mostrarlle o noso traballo e compartir con eles todo o que descubriramos das sementes. Preme na imaxe, mira canto sabemos!!!

.

Visita Científica

Para comezar o noso PDI visitáronnos unhas científicas moi especiais, que nos deixaron unhas letras para formar a palabra clave do proxecto. Se  premes na imaxe poderás ver un pequeno vídeo de presentación.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut