Skip to Content

Enlace Espazo Abalar

Aquí está o enlace para a espazo abalar e a guía que explica como facelo:

Hoxe abre o prazo para que as familias soliciten axudas de comedor escolar

  • Poderán acollerse a estas axudas as familias que durante o curso teñen o comedor de balde ou pagan 1 €/día por menú nos comedores escolares xestionados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
  • Tal e como se publica hoxe no Diario Oficial de Galicia, o prazo para solicitar as axudas estará aberto ata o día

Axudas comedores COVID 19

ORDE do 27 de marzo 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo as familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19 con levantamento dos prazos de suspensión do procedemento.

Resolución do 21 de marzo de 2020 (DOG nº56 do 22 de marzo)

Adxúntase Resolución do 21 de marzo de 2020 (DOG nº56 do 22 de marzo) lembrando que o noso centro non dispón de máis de seis unidades.

INFORMACIÓN IMPORTANTE DURANTE O PERÍODO DE SUSPENSIÓN DAS CLASES

  • Suspensión da actividade presencial

Seguindo as instrucións recibidas polas autoridades, este C.E.I.P. permanecerá pechado (15 días naturais desde o 16 de marzo 2020).

Novo blogue de Orientación

Hoxe foi creado un apartado específico de Orientación na nosa páxina para que o poidades consultar. Irán aparecendo novos contidos nas seguintes semanas.

Recursos educativos

Comprobamos que coa situación actual aparecen dificultades para cargar as páxinas, así que paralelamente ao aula virtual colgaremos a partir de mañá as recomendacións dos distintos titores para que teñades unha referencia e un guión.

Pásovos un enlace doutro centro educativo no que atoparedes moitos recursos, por si desexades investigar pola vosa conta.

http://www.ceiploreto.es/

Actividades e traballo para o alumnado durante a cuarentena

 

Estimadas familas:

Informámovos de que estamos a subir materiais á aula virtual para que o alumnado poda continuar coa súa actividade formativa.

Debido a que toda a comunidade educativa galega está a subir documentos a moodle, a páxina está saturada e da constantes erros. Esperamos que entre hoxe pola tarde e mañá xa estea solucionado para poder dar acceso ao servizo. 

Medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia covid- 19

Neste enlace atopades a informaré recente en relación ao coronavirus:

http://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus

Distribuir contido


by Dr. Radut