Skip to Content

ENTREGA DE PREMIOS E DIPLOMAS

No día de onte fixemos entrega dos premios e diplomas aos gañadores e aos participantes do concurso de relatos, proposto dende o Concello de Santa Comba. 

 

Xabier Pensado Blanco, levou o accésit dentro da categoría 2.

 

Hugo Calvo Amarelle, levou o primeiro premio na categría 3.

 

Noraboa aos gañadores e a todos/as os participantes

Inaguración da biblioteca

ACTIVIDADES DE OUTONO

Este outono non faltaron actividades no Pepe de Xan Baña.
En Infantil puidemos coñecer as aventuras do cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa.
Primeiro e segundo recibiron a visita de Braulio dos Bolechas e o seu amigo Martín que explicaron que é o 112.
Terceiro, cuarto, quinto e sexto asistiron a un obradoiro do recanto maker para facer “roupa intelixente”.

CONCURSO DE CABAZAS E RELATOS TERRORÍFICOS
No Magosto houbo degustación de castañas e chocolate nas aulas e proxectáronse os vídeos dos gañadores dos concursos.

 

LUNS 9 DE NOVEMBRO FESTIVO

Estimadas familias,lembrámosvos que o luns 9 de novembro é festivo de libre elección do centro e polo tanto non haberá actividade lectiva.

CHEGOU O OUTONO

O venres 30 de Outubro celebramos no cole o “Samaín”. Nesta festa de orixe celta despedimos o tempo da luz e a abundancia para dar paso ao longo e escuro inverno.

BENVIDAS E BENVIDOS Ó BLOGUE DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

Benqueridas familias, e benqueridas alumnas e alumnos do Pepe de Xan Baña:Para os membros do Equipo de Dinamización da Lingua Galega é unha honra estrear este blogue. Énchenos de ledicia escoitar tanto galego na voz das nenas e nenos, e queremos aproveitar para darvos as grazas por ter escollido dirixirvos @s vos@s pequen@s na nosa fermosa lingua. Grazas a que elas/es o falan, está garantido o futuro do galego.

MEDIDAS XERAIS

  • O colexio conta cun Equipo COVID-19 que coordina todo o relacionado con este tema.
  • Contamos con entradas e saídas diferentes para Educación Infantil e Educación Primaria.
  • Durante este curso extrémanse as medidas de limpeza, hixiene e desinfección.

INDICACIÓNS E ACLARACIÓN DE DÚBIDAS

  • Cada familia realizará unha auto enquisa diaria antes de ir ao cole para comprobar que non haxa síntomas compatibles cunha infección por COVID-19.
  • É necesario entregar aos titores unha declaración responsable.
  • O material individual de cada alumno/a non será compartido.
  • En Educación Infantil a máscara é moi recomendada. En Educación Primaria a máscara é obrigatoria.

COMEZA O COLE

Benqueridas familias,

 un ano máis damos comezo a un novo curso escolar e recibímosvos con toda a nosa ilusión e o noso agarimo.

As dificultades son evidentes, pero temos todo preparado para que as vosas fillas e filloa poidan levar adianteo seu proceso de aprendizaxe nas condicións sanitarias óptimas.

Distribuir contido


by Dr. Radut