Skip to Content

INICIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2024/2025

Publícase no Portal Educativo da Xunta de Galicia o inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros públicos para o vindeiro curso 2024-25, co inicio da fase de reserva de prazas en centros de adscrición.

No caso do noso centro, diríxese ao alumnado que actualmente cursa 6º de Primaria e desexe reservar praza para cursar 1º ESO no IES Terra de Xallas, que é o noso centro de adscrición.

Máis información: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/42051

 

O 15 de xaneiro de 2024 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro do 2024, ambos incluídos.

Tanto a presentación das solicitudes como a consulta das listaxes de admitidos, que se publicarán o día 22 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso ou a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/)

 

ALL WE WANT FOR CHRISTMAS...

IS YOU!

25 N

En 2022, 49 mulleres foron asasinadas por violencia de xénero en España.

Outros milleiros, ao noso carón, sofren diariamente abusos e discriminación por parte das súas parellas. O 25 de novembro celebrouse o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Este ano, o noso cole, manifestou libremente a súa repulsa contra esta lacra mediante unha pequena montaxe teatral, unhas mensaxes reivindicativas e unindo as nosas voces con cancións coma: "La puerta violeta"  e "Ni una más" de Aitana.

NON AO MALTRATO CONTRA A MULLER BAIXO NINGUNHA DAS SÚAS FORMAS!

Campo a través no Concello de A Baña

O pasado 24 de novembro, o noso CEIP participou novamente no Campo a Través no concello de A Baña (Fase Zonal Santiago). Este campo a través tamén forma parte do programa XOGADE. O tempo acompañou e as cativas e cativos puideron gozar nun solleiro día de activación.

 

XOGADE

O pasado martes, achegáronse ao noso cole as cativas e cativos do Colexio Público Xacinto Amigo Lera para participar nunha nova xornada de XOGADE. Nesta ocasión, competiron nas modalidades de fútbol e brilé.

A campaña de actividade lúdico deportiva XOGADE (xogos galegos deportivos en idade escolar), é unha iniciativa promocionada e financiada pola Xunta de Galicia, co obxectivo de levar a actividade a todos os concellos galegos e brindarlles aos escolares a posibilidade de practicar e competir cos clubs e colexios de toda a comunidade autónoma, dáselle así resposta a un dos obxectivos principais da política deportiva da Xunta de Galicia: fomentar e estender o deporte educativo e saudable a toda a sociedade desde as idades máis temperás.

 

CONTOS VELLOS, NOVOS FINAIS.

Dende que Caxoto comezou a contar contos alá polo 2005, a educación en valores en xeral e a igualdade de xénero en concreto, foi sempre un eixe transversal na elección do seu repertorio. Ese repertorio foi medrando e hoxe en día Caxoto conta cun amplo abano de historias e reflexións arredor da igualdade entre homes e mulleres: Os estereotipos, a coeducación, os tipos de violencia, a diversidade sexual …

No día de hoxe, Caxoto, interpretounos a función: COAS MANS NA MASA, a historia dun cociñeiro que conta da súa experiencia nas tarefas do fogar. Nela tratáronse aspectos relativos á coeducación, corresponsabilidade e conciliación familiar.

Visita ao Aquarium Finisterrae na Coruña.

Con motivo da Semana da Ciencia ( do 11 ao 19 de novembro), o noso cole, visitou o pasado luns o Aquarium Finisterrae na Coruña.

O tempo, definitivamente, non acompañou, pero si as gañas de coñecer un pouquiño máis de preto a vida dos nosos océanos.

 

SAMAGOSTO 2023

Este ano, optouse por repartir en dous días as diversas actividades. Comezamos o martes 31 con 4 talleres arrepiantes e a entrega dos agasallos nos diversos concursos do Samaín. Para o venres 3, reservouse o asado de castañas e mazarocas, así como a interpretación dunha pegadiza canción e o obradoiro “Xogos do mundo", levado a cabo polas nosas amigas e amigos dos Biosbardos. Este obradoiro foi creado co fin de dar a coñecer os xogos de taboleiros, billares tradicionais e xogos pedagóxicos entre outros, orixinarios de países e culturas distintas da nosa e incluso doutras épocas. No obradoiro atopamos xogos de distintas tipoloxías como construción, creatividade, habilidade, psicomotricidade mesa e pensamento.

Moitas grazas a todas e todos!

Menú do noso comedor en novembro.

Menú do noso comedor en outubro.

Distribuir contido


by Dr. Radut