Skip to Content

8 M

Hoxe conmemorámolo 8M mediante diversas manifestacións artísticas nun berro común a prol da igualdade e o mérito, pero, por que o 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller?

O Día Internacional da Muller atopa as súas orixes nas manifestacións das mulleres que reclamaban a comezos do século XX o dereito ao voto, mellores condicións de traballo e a igualdade entre os sexos. Por tanto, o Día Internacional da Muller ten as súas bases nos movementos históricos das mulleres, principalmente en Estados Unidos e Europa, que esixían xustiza social e equidade cos homes nos diversos campos da sociedade.Décadas despois deste acontecemento, o 28 de febreiro de 1909 conmemorouse o primeiro Día Nacional das Mulleres en EE.UU. en honra á folga de mulleres de 1908 en contra das malas condicións de traballo.En 1911, conmemorouse o Día Internacional da Muller en Estados Unidos e en varios países de Europa. As mulleres saíron ás rúas o 19 de marzo dese ano en EE.UU., Austria, Dinamarca, Alemaña e Suíza para esixir dereitos para votar, ter cargos públicos, traballar e poñer fin á discriminación laboral. Esa considérase a primeira marcha do Día Internacional da Muller.

THEATRE4SCHOOLS

Theatre4schools è unha compañía de teatro cunha ampla experiencia en teatro para nenas e nenos. Están especializados en técnicas de teatro físico e xestual para facilitar a comprensión e a aprendizaxe. Os guións fanse con profesores de inglés en activo para garantir e asegurar que o vocabulario, a gramática e o nivel de inglés utilizado sexan os adecuados ao nivel de aprendizaxe. Nesta ocasión, o noso cole disfrutou coas obras Sleeping Beauty e Excalibur. Lights, camera, action!

No blogue de Claudia tendes máis fotos e tarefas relacionadas coas obras:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceippepedexan/blog/8

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

ADMISIÓN PARA O CURSO 2024/2025

O vindeiro 1 de marzo ábrese o prazo de admisión de novo alumnado para o curso 2024/25.

Prazo de admisión: do 1 ao 20 de marzo.

Modelo de solicitude:

Solicitude segundo o Anexo II, (procedemento ED550B), aprobado pola Orde de 21 de outubro de 2022, poderá cumprimentarse dos seguintes xeitos:

 Documentación a entregar coa solicitude:

  • Fotocopia do libro de familia ou fotocopia do DNI do neno/a.

  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, se é o caso. 

Lugar de presentación:

No centro educativo, dende as 9:30 ata as 14:30 horas.

Normativa que regula o proceso: 

  • DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro,polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos. 

  • ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o procedemento para admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos. 

Principais puntos a ter en conta

  • Cada solicitante presentará unha única solicitude no colexio que solicita en 1º lugar.

  • En cada solicitude pódense pór ata 6 colexios por orde de preferencia.

  • No caso de presentar máis dunha solicitude en distintos centros o solicitante perderá o dereito de prioridade.

  • O alumnado que ten presentada solicitude de reserva nun centro se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva no primeiro centro. (Só para alumnado xa escolarizado nun centro)

  • O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro centro, deberá comunicalo ao mesmo tempo no centro de orixe. (Só para alumnado xa escolarizado nun centro).

  • As solicitudes fóra de prazo mandaranse á comisión de escolarización.

  • Se o alumno/a non obtivese praza no centro solicitado en 1º lugar, remitirase a solicitude á comisión de escolarización.

PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DOS CRITERIOS BAREMADOS

Só será precisa, e será requirida, no caso de que o número de solicitudes sexa maior que o de prazas vacantes.

  • Fotocopia completa do libro de familia.

  • Certificado de empadroamento municipal no que figuren todos os membros da unidade familiar que conviven no domicilio.

  • Fotocopia da última declaración da renda dos pais. Necesaria só se non autorizan a comprobación de datos.

  • Fotocopia do carné de familia numerosa de ser o caso.

  • Fotocopia dos DNI dos pais ou titores legais. Necesaria só se non autorizan a comprobación de datos.

  • Certificado de minusvalía de ser o caso. Necesaria só se non autorizan a comprobación de datos.

  • Anexo II cuberto e coa puntuación cuberta.

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

Reserva de praza no centro de orixe: 15 xaneiro - 5 de febreiro.

Data do sorteo público a efectos de desempate: última semana de febreiro e, en todo caso, antes do 1 de marzo.

Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.

Presentación da solicitude de admisión: 1-20 de marzo.

Presentación documentación xustificativa dos criterios alegados (cando o número de solicitudes sexa maior ao das prazas ofertadas): 10 días hábiles contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.

Listaxe provisional de admitidos e non-admitidos: Antes do 25 de abril

Listaxe definitiva de admitidos e non-admitidos: Antes do 15 de maio

Formalización da matrícula: do 20-30 de xuño (anexo III)

 

CON BOINAS E PANOS!

XOVES 8

" O xoves, con boina e pano,

imos pasar a festa do ano""

 

E máis esixencias.

MÉRCORES 7

" O mércores, con chaqueta ou chaleco,

non nos esquecemos do meco"

As novas esixencias do noso amigo.

MARTES 6

" O martes coa blusa ou a camisa,

o noso burro,

vaise partir de risa"

 

 

As esixencias do noso amigo.

LUNS 5

" O LUNS, SE O COLE QUERES VIR,

DISFRAZADO COMO QUEIRAS TES QUE ASISTIR"

 

PEACE!

Dende 1964, cada 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, coñecido popularmente como Día da Paz. Ese día, os centros educativos, dende Educación Infantil ata Secundaria, de todo o mundo realizan diferentes actividades para lembrar a importancia da tolerancia, a solidariedade e o respecto aos Dereitos Humanos.

O Día Escolar da Paz celébrase cada 30 de xaneiro porque ese día, en 1948, Mahatma Gandhi, un líder pacifista que defendía e promovía a non violencia e a resistencia pacífica contra a inxustiza, foi asasinado por defender estas ideas, por mor dun tiroteo dun hindú. extremista.

Onte, no noso cole, participamos en diferentes iniciativas onde as cativas e os cativos berraron ben forte pola paz neste mundo.

UN ENTROIDO ENTRE COSTUMES.

Hoxe tivemos a sorte de contar con Jorge Castelo para falarnos dun antigo costume carnavaleiro que este ano imos recuperar no noso cole: a morte e resurrección do burro. Esta tradición comezou, cando menos, a comezos do século XVIII, nela participaban Castriz, Bazar, San Salvador e outras moitas aldeas da zona. Jorge leva uns catro anos recollendo información sobre este antigo costume e hoxe, amosounos, ademais dos disfraces, diversos adornos coma máscaras de madeira ou o pau de moca. No adxunto, teredes a entrevista de radio con máis detalles sobre este curioso e divertidísimo costume. Moitas grazas a Jorge e tódolos cativos que participaron neste gran anaco da nosa historia!

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut