Skip to Content

Benvid@s oa curso escolar 2019/2020

Comeza un novo curso: o 2019/2020

Esperamos ter un ano cheo de ilusión, alegría e moitísimo aprendizaxe.

A entrada ao cole foi do máis relaxada (co obradoiro de relaxación) e animada. Houbo actividades deportivas e unha  gran sorpresa que gustou moito: os cativos deixaron voar os papaventos que foron adquiridos para a ocasión.

Novo inicio de curso.

Para celebrar a benvida ao novo curso levamos a cabo unha serie de talleres nos que tanto maiores coma pequenos o pasamos en grande. Entre os diferentes talleres fixemos: taller de natureza, no que investigamos e clasificamos algunhas das diferentes especies de árbores e de plantas que hai no colexio. respecto a este taller dicir que non rematou aquí, posto que este curso o patio e a contora do cole será o eixe vertebrador dos nosos proxectos.

Data e hora da reunión de nais e pais do alumnado de Educación Infantil

O próximo luns 9 de setembro ás 12:00 horas celebrarase a reunión informativa para nais e pais do alumnado de Educación Infantil (3, 4 e 5 anos).

Comezo das clases

O próximo mércores 11 de setembro dará inicio o periodo lectivo para o alumnado de Educación Infantil (4 e 5 anos) e para o alumnado de Educación Primaria.

O periodo lectivo para o alumnado de Educación Infantil (3 anos) dará comezo o xoves 12 de setembro.

ESCOLARIZACIÓN 2019/2020

Adxúntanse os documentos para realizar a formalización da matrícula para o vindeiro curso 2019/2020.

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO. ADMISIÓN CURSO 2019/2020

Publicada a listaxe definitiva de admisión do alumnado para o curso 2019/2020

Blogue de plurilingüismo

Dende o departamento de plurilingüismo do centro creouse un blogue para que poidades seguir as actividades que se realizan. Podedes seguilo no seguinte enlace:

Benvid@s ao blog de Plurilingüismo do C.E.I.P. Pepe de Xan Baña

Distribuir contido


by Dr. Radut