O centro de recursos educativos da ONCE, en Pontevedra, facilitounos durante o mes de novembro, materiais didácticos que nos axudaron a coñecer distintos aspectos da educación e da vida cotiá das persoas con discapacidade visual.
Conmemoramos o 3 de decembro, Día Internacional das persoas con Discapacidade, coa visita dunha persoa con déficit visual que nos contou a súa experiencia, pautas, técnicas e axudas que melloran de forma moi notable a súa calidade de vida.
Moitas grazas por visitar o noso colexio!!!!