Skip to Content

Alimenta-T ben

BOCATA DE SARDIÑAS

HOXE O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL DEGUSTOU UNS APETECIBLES BOCATAS DE SARDIÑAS DO PROGRAMA FAI CLIC AO TEU BOCATA. NA CLASE DE 4 ANOS A CASE NIN QUEDARON AS MIGUIÑAS.

FROITA!!!!

O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL, NESTE CONFINAMENTO, NON ESQUECEU OS SEUS BOS HÁBITOS ALIMENTÍCEOS E SEGUIU COMENDO MOITA FROITA NAS SUAS MERENDAS.

 

FROITA!!!!

O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL, NESTE CONFINAMENTO, NON ESQUECEU OS SEUS BOS HÁBITOS ALIMENTÍCEOS E SEGUIU COMENDO MOITA FROITA NAS SUAS MERENDAS.

 

PROXECTO: PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

O alumnado de educación infantil e primaria participou, durante este curso escolar, nun proxecto de innovación educativa baixo o lema "Ponlle as pilas ao teu bocata".

O programa pretende achegar aos nenos e nenas ao medio natural, facendo reflexionar e explorar os seus elementos, os alimentos necesarios para a supervivencia e os beneficios que nos achegan.

O programa aproxima aos nenos e nenas ao medio rural e mariño, co obxectivo de potenciar o consumo dos seus produtos entre o alumnado mediante un proxecto interdisciplinar que leva a cabo accións educativas diversas, destinadas a manter e fomentar nas escolas hábitos de consumo saudables. O alumnado pode experimentar, observar e chegar a descubrir as súas características e propiedades tan necesarias para nós.

Clicade no seguinte bocata para poder ver todas as actividades que levamos a cabo!!!

 

 

OBRADOIRO PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

    A MEIRANDE PARTE DO NOSO ALUMNADO PARTICIPOU NO OBRADOIRO OFERTADO POLA XUNTA DE GALICIA, PONLLE AS PILAS

AO TEU BOCATA. NO QUE ADEMÁIS DAS SABIAS EXPLICACIÓNS, NOS PERMITIRON SABOREAR UNS DELICIOSOS BOCADILLOS, O MÁIS

COMPLICADO FOI A ELECCIÓN DOS SEUS INGREDIENTES DADO A GRAN OFERTA QUE NOS PROPOÑÍAN.

 

 

CONSTRUÍMOS UNHA ÁRBORE

 

             DURANTE O MES DE MAIO COA COLABORACIÓN DAS FAMILIAS, O ALUMNADO DO NOSO CENTRO COLABOROU NO

MEDRE DUNHA ÁRBORE NA QUE O SEU TRONCO FOI ELABORADO CON LATAS DE CONSERVA DE PRODUTOS DO MAR.

 

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA 5º EDUCACIÓN PRIMARIA

O proxecto que levamos a cabo os alumnos de 5ºA abarcou sete sesións nas cales tratamos de aproximarnos a distintos aspectos do tema utilizando diversas estratexias de investigación e tratamento da información. Nun primeiro lugar investigamos sobre tipos de conservas, seguridade das mesmas, proceso de pesca e logo envasado, aportación nutritiva, relación coa pirámide alimenticia etc.


A continuación tratamos de ler, resumir, salientar a información máis relevante e finalmente plasmámola nun mural e nun mapa conceptual en imaxes. Por último  fixemos un obradoiro práctico no que puidemos experimentar distintas combinacións de productos do mar nas nosas merendas.

 

 

 

 

OS NOSOS SABIOS DO MAR!

Os nenos e nenas de 4 anos, por grupos, investigaron sobre algúns animaliños do mar, que podemos atopar en conservas. E fixeron de mestres e mestras dos seus compañeiros e compañeiras.

Aquí tedes a súa gran docencia!

Que mellor xeito de rematar, despois de tanto traballo, que saboreando estes manxares.

   
   
 

TALLER DE COCIÑA

Para rematar, o alumnado de 1º e 2º, despois de recompilar receitas de canapés e bocadiños elaborados con conservas do mar, leváronas a cabo nun taller de cociña.

Estes aperitivos eran un agasallo de fin de curso para o alumnado de 6º de Educación Primaria que, a partir do curso que ven, inician unha nova etapa.

Aquí podedes ver a experiencia levada a cabo polo noso alumnado.

 

 


OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 6º DIXERON QUE ESTABA TODO BOÍSIMO!!!

RECEITAS DE CANAPÉS

O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria, despois de adicarlle un tempo a búsqueda de información sobre como elaborar diferentes tipos de canapés, como actividade final, realizamos, a través da estructura de folio xiratorio, por parellas, un dossier coas nosas receitas.

 

AS DIFERENTES CAIXAS DE CONSERVAS!

O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria, coa estructura "lápices ao centro", estivemos vendo diferentes caixas de conservas co fin de analizar a información que traen como: peso, ingredientes, caducidade, marca e custo.

Ao rematar, os portavoces de cada equipo explicaron ao resto dos seus compañeiros a información recabada.

 

 

 

PON UNHA LATA NO TEU BOCATA - 3 ANOS A + B

Os nenos e nenas de 3 anos A e B participamos neste proxecto con moitas actividades. Probamos alimentos novos e disfrutamos un montón. Aquí tedes a proba...

Ponlle as pilas ó teu bocata 3 A+B from Infantil Pena on Vimeo.

Novos sabores

Despois de estudar os beneficios dos produtos do mar, preparamos a parva para a nosa clase.

Probamos sabores novos e descubrimos que temos que aventurarnos a ampliar a nosa alimentación.

Hai moitas conservas ricas e nutritivas! 

 

CARACTERÍSTICAS E CURIOSIDADES DOS ANIMAIS DOS PRODUTOS

          Na aula de informática completamos a información que tíñamos sobre os peixes e mariscos.

          Apuntamos algunha curiosidade para poñer máis tarde no mural que empezamos a elaborar en sesións anteriores e así rematalo.

          Unha vez na clase, en folios de cores, anotamos os datos relevantes atopados na búsqueda e pegámolos ao lado das fotografías e cartóns das conservas.

          Compartimos o noso traballo no corredor da escola.

 

BÚSQUEDA DE INFORMACIÓN POR EQUIPOS!!

Durante esta semana os alumnos e alumnas de 1º e 2º de primaria continuamos "póndolle as pilas ao noso bocata" a través da estructura do grupo de expertos. Por grupos buscaron información sobre os animais mariños cos que se poden elaborar conservas. 

Unha vez recopilada e posta en común, da información en cada grupo, fixeron unha exposición do traballo realizado ao resto dos compañeiros.

Distribuir contido


CONTADOR DE VISITAS

contador de visitas para blog

by Dr. Radut