Skip to Content

Educación física

Alimentación saudable!

O alumnado de 5 anos non se esqueceu de coidar a súa alimentación durante o confinamento! As ricas froitas e verduras! Está actividade ten relación con Proxecto Deportivo de Centro.

Maio bailando en 5 anos!

O alumnado de 5 anos tamén se atreveron con esta canción "unha tarde fresquiña de maio" Actividade relacionada co Proxecto Deportivo de Centro.

Bailamos en 5 anos!

Na clase de 5 anos no estado de alarma fixemos moito exercicio bailando sós e en compañía.  Muiñeiras e outros estilos fixeron que por uns momentos nos esqueceramos desta situación tan complicada. Esta actividade ten relación co Proxecto Deportivo de Centro.

 

Atención e control corporal en 3 anos!

O alumnado de 3 anos tamén realizou unha actividade de percepción e control postural durante o confinamento, en relación ao Proxecto Deportivo de Centro.

Ioga na casa en 3 anos!

Durante o periodo de confinamento o alumnado de 3 aniños fixo ioga na casa! Esta actividade ten relación co Proxecto Deportivo de Centro, centro activo e saudable!

Dinamización intercentros: CEIP Xosé Fernández López

O 5 de marzo visitounos o alumnado de 6º do CEIP Xosé Fernández López! Pasamos unha xornada moi divertida xogando a varios deportes: bádminton, voleibol, balonmán, baloncesto e fútbol sala!

Bádminton na escola co club de bádminton de Ponteareas

O 6 de marzo visitounos Victor do club de bádminton de Ponteareas e realizamos unha xornada de bádminton no pavillón. Pasámolo xenial!

Merenda con froita creativa, na casiña!

Dende a área de Educación Física, levouse a cabo unha actividade na que o alumnado de 1º, 2º, 3º, 4º e 6º, que quixo partipar; mandou unha foto da súa merenda con froita. Aquí o vídeo das fotos recibidas! Esta actividade ten relación co Plan Proxecta Aliméntate ben e o Proxecto deportivo de centro.

 

RAYUELA AFRICANA

       Os alumnos de cuarto de primaria  utilizaron a "Rayuela  africana" para traballar a lateralidade, equilibrio, ritmo e tempo. Así como o control da respiración e o tempo de espera.

     Fixeron variacións do xogo, comenzando de maneira sinxela e aumentando dificultade ata chegar ao nivel que se ve no vídeo.

   

XOGO DE ORIENTACIÓN

      O alumnado de 4º de primaria participou nun xogo no que levando un sobre na man tiñan que chegar á cidade que se correspondía coas indicacións de desplazamento que se lle daban. Cando chegaban a esa cidade debían dicir si se correspondia co valor ou emoción que tiñan no sobre.

 

Carreira campo a través provincial por equipos 12.02.2020!

O pasado martes participamos na carreira provincial de campo a través por equipos!!! Foi en Portas (Pontevedra). Acudimos as clases de 2ºA e 4ºA e pasámolo xenial!

Carreira campo a través provincial individual 2020!

O pasado sábado 1 de febreiro, o alumnado clasificado individualmente da carreira campo a través zonal, acudiu ao parque de Castrelos en Vigo a correr no campeonato provincial! Resultaron clasificados para este provincial un total de 28 alumnos/as!!! A proba foi dura, pero todos/as os que asistiron conseguiron completar a carreira!

Carreira campo a través zonal 2020!

O 21 de xaneiro, practicamente a totalidade do alumnado de 2º a 6º, participamos no zonal de carreira campo a través. Nel participou alumnado dos coles de Redondela, Mos e Porriño. Pasámolo xenial!!! E acadamos grandes resultados! Un total de 28 clasificados á fase zonal e 2ºA e 4ºA, clasificouse ao provincial por equipos!!! A de atletas que temos no cole!

Tanto esta carreira como outras actividades deportivas que se están levando á cabo no cole, forman parte do noso Proxecto deportivo de Centro; xa que somos un cole activo e saudable!!! Graciñas polo voso esforzo, pequenos grandes atletas!!!

 

28.05.2019 Provincial atletismo

O 28 de maio a clase de 5ºB acudiu a fase provincial de atletismo en Pontevedra. Alí pasamos unha xornada moi divertida practicando as diferentes probas: lanzamento de peso, 60 metros lisos, 500m lisos, lanzamento de vórtex, salto de lonxitude e relevos. Agasalláronnos cunha camiseta que empregamos na xornada!

 

Tenis de mesa!

A pasada semana, do 22 ao 24 de maio, visitáronnos os responsables do clube Always TM de Tenis de mesa. Grazas a eles aprendemos a xogar a este deporte, que require de moita concentración e rapidez. Graciñas pola visita!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut