Skip to Content

FROITA

DEGUSTACIÓN FROITAS DA PRIMAVERA

Mañá teremos a degustación das froitas da primavera, lembrade traer prato ou bol e unha culler.

 

 

 

 

 

 

 

 

PLANTAMOS AMORODOS

Como estivemos traballando sobre a terra e tamén a auga....que mellor experiencia que plantar nós mesmos! Eliximos amorodos xa que nos gustan a todos e todas, e cada día os coidamos, por iso xa recollimos moitos. Estamos encantados e moi orgullosos do noso traballo.

 

 

POSTRE SAUDABLE

Para inaugurar os días calurosos que tivemos, o alumnado de 3 anos fixo un postre delicioso e saudable. Empregamos uns iogures cremosos, froita e un pouquiño de chocolate, e despois ao conxelador.....ao día seguinte gozamos dun xeado moi rico!

 

VERDEDADES

Poemas de "Verdedades" de Yolanda Castaño

 

A semana pasada, con motivo da celebración das Letras Galegas, o alumnado de 1ºB estivo traballando a poesía. Un dos libros elixidos foi "Verdedades" de Yolanda Castaño. Algúns dos poemas deste libro foi gravado na radio. Esperamos que vos guste!

 

 
 

CONTACONTOS

CONTACONTOS

 

Esta semana, o alumnado de 1º disfrutou dun contacontos da man do grupo teatral "Migallas"

Descubriron o conto "Froitas" de Antonio Rubio e Óscar Villán.

TRABALLAMOS NUMERACIÓN E ATENCiÓN

TRABALLANDO A NUMERACIÓN E FAVORECENDO A ATENCIÓN

XOGO DE MEMORIA

XOGO DE MEMORIA OU DE PARELLAS

Aproveitando os múltiples beneficios que nos aportan os xogos de memoria (incremento da concentración, mellora da memoria visual, motiva o pensamento rápido...) en 1º traballamos vocabulario sobre as froitas en galego.

Ensalada de primavera

Esta semana demos a benvida á primavera con esta deliciosa ensalada.

Menudos cociñeiros están feitos!

 

ESCORNABOTS

ESCORNABOTS

En 1º estivemos traballando vocabulario en galego sobre as froitas, a través dos escornabots. Son pequenos robots que axudan ao noso alumnado a iniciarse na robótica e programación.

ADORNOS DE NADAL

    Así de fermosos son os adornos froiteiros que o alumnado de 5 anos A puxo na sua árbore de NADAL.

  

    

XOGANDO COAS CABAZAS

Preparándonos para o SAMAÍN na clase de psicomotricidade o alumnado de infantil levou a cabo moi variados xogos con cabazas.

NOTAS FROITEIRAS

A música tamén invita a comer froita.

Ollade que notas musicais máis apetecibles.

XOGOS CON FROITOS

Na  clase de 5 anos se aprenden con xogos de froitos  do outono.

                                         

COLLENDO CASTAÑAS

O ALUMNADO DE INFANTIL NA CLASE DE PSICOMOTRICIDADE DISFRUTOU DO OUTONO COLLENDO E COMENDO CASTAÑAS.

ALIMÉNTATE BEN 2023/2024

UN ANO MÁIS ACOLLEMOS Á ALIMENTACIÓN SAUDABLE NAS NOSAS PROGRAMACIÓNS.

Distribuir contido


by Dr. Radut