Skip to Content

1º Primaria B

VERDEDADES

Poemas de "Verdedades" de Yolanda Castaño

 

A semana pasada, con motivo da celebración das Letras Galegas, o alumnado de 1ºB estivo traballando a poesía. Un dos libros elixidos foi "Verdedades" de Yolanda Castaño. Algúns dos poemas deste libro foi gravado na radio. Esperamos que vos guste!

 

 
 

CONTACONTOS

 

CONTACONTOS

Con motivo da Semana das Letras Galegas, tivemos a sorte de disfrutar dun contacontos do grupo teatral "Migallas" que nos deleitaron  coas simpáticas e divertidas historias destes contos:

 

 

 

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Educación Física e Saúde Mental

TRABALLAMOS NUMERACIÓN E ATENCiÓN

TRABALLANDO A NUMERACIÓN E FAVORECENDO A ATENCIÓN

XOGO DE MEMORIA

XOGO DE MEMORIA OU DE PARELLAS

Aproveitando os múltiples beneficios que nos aportan os xogos de memoria (incremento da concentración, mellora da memoria visual, motiva o pensamento rápido...) en 1º traballamos vocabulario sobre as froitas en galego.

EXCURSIÓN SALÓN DO LIBRO

VISITA DE RAMÓN D. VEIGA

VISITA DO AUTOR

Onte visitounos Ramón D. Veiga, autor do libro "Miñoca e Ourizo" que estivemos lendo este trimestre.

Gustounos moito a súa visita, pois, fixemos un pequeno taller de ilustración onde aprendimos a debuxar caras enfadadas, pensativas e alegres.

 

ESCORNABOTS

ESCORNABOTS

En 1º estivemos traballando vocabulario en galego sobre as froitas, a través dos escornabots. Son pequenos robots que axudan ao noso alumnado a iniciarse na robótica e programación.

ESTACIÓNS DE APRENDIZAXE

ESTACIÓNS DE APRENDIZAXE

Neste 2º trimestre comezamos a traballar, na área de matemáticas, e unha vez á semana as Estacións de Aprendizaxe. Consisten en realizar un circuito con diferentes actividades relacionadas co contido que estamos dando, co fin de que lles axude a interiorizalos de xeito máis doado, ao mesmo tempo que traballamos a Aprendizaxe Cooperativa.

Disfrutan moito desta actividade!!!

MASCOTAS

MASCOTAS CON RESPONSABILIDADE

Esta semana tivemos unha charla ofertada polo Concello na que nos explicaron cómo ter unha mascota con responsabilidade.

 

 

 

ROSALÍA DE CASTRO

CELEBRANDO O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 

DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

Con motivo do día da Paz e da non violencia, que celebramos o 30 de xaneiro, o noso alumnado fixo un programa de radio no que nos amosan o que significa para eles e elas a palabra PAZ.

Podedes escoitalo no blogue da bibiblioteca ou ben pinchando no seguinte enlace:

http://bibliotecapena.blogspot.com/2024/02/dia-da-paz-en-1b.html

ENTROIDO

Distribuir contido


by Dr. Radut