Skip to Content

3 Anos

PLANTAMOS AMORODOS

Como estivemos traballando sobre a terra e tamén a auga....que mellor experiencia que plantar nós mesmos! Eliximos amorodos xa que nos gustan a todos e todas, e cada día os coidamos, por iso xa recollimos moitos. Estamos encantados e moi orgullosos do noso traballo.

 

 

EXCURSIÓN TEATRO E PARQUE

Un pequeno resumo da nosa primeira excursión a Vigo, ao teatro e despois ao parque. Pasámolo xenial, e xa estamos desexando repetir na excursión de Xuño!

 

POSTRE SAUDABLE

Para inaugurar os días calurosos que tivemos, o alumnado de 3 anos fixo un postre delicioso e saudable. Empregamos uns iogures cremosos, froita e un pouquiño de chocolate, e despois ao conxelador.....ao día seguinte gozamos dun xeado moi rico!

 

ENTROIDO

A nosa semana de entroido!

 


 

 

 

 

 

SAMAÍN

Aquí tedes un resumo da semana do Samaín, onde o pasaron xenial. Canto lles gusta disfrazarse!!

 

BENVIDOS A CLASE DE 3 ANOS

Ola familias!

Inauguramos a páxina web da clase, cun vídeo sobre os primeiros días dos vosos nenos e nenas. Que ben se adaptaron!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut