Skip to Content

5º A Primaria

5ºA en movemento

Ao longo deste curso o alumnado de 5ºA realizou diferentes actividades en movemento, favorecendo así a actividade física e deportiva. Grazas a estas actividades traballamos contidos curriculares de forma activa e alegre, observando que o movemento, aprendizaxe e diversión van unidas da man. Algunhas das propostas que realizamos ao longo do curso están reflexadas no seguinte video como por exemplo "O pañuelo matemático", "Ditados en movemento", o xogo das sillas musicais para analizar palabras, etc.

 

Diseño de Nerea

A enerxía

 

A materia

Las preposiciones

Aquí vos deixo o vídeo traballado na clase para repasar as preposicións en lingua castelá.

Aprendemos coas mulleres!

Boas familias!

Co motivo do 8 de marzo estivemos traballando sobre diferentes mulleres moi importantes e traballadoras. O alumado pesquisou información sobre a súa protagonista para despois realizar unha animación a través de aplicación Chatterpix Kids, coa que gravaron as súas voces contando os aspectos máis importantes da biografía de cada muller. Como resultado final realizamos este precioso mural.

Posteriormente o alumnado escaneou os códigos QR, reproducíndose así na nosa tablet un vídeo con toda a información sobre cada unha das mulleres. Podedes ver o proceso nas seguintes fotografías e no vídeo adxunto. Tamén vos deixo adxunto o documento pdf con todas as mulleres para que poidades escanear e aprender sobre estas importantes mulleres dende a vosa casa.

    

Os ecosistemas

Distribuir contido


by Dr. Radut