Skip to Content

5 anos B

GRADUACIÓN

Acabamos a etapa de educación infantil para converternos en alumnos de educación primaria. Para a nosa graduación fixemos unha chea de cousas xa que viñan vernos uns invitados moi especiais: as nosas familias!!!. Gozamos moito dando este paso e lembrando os nosos tres anos nesta etapa tan bonita que é a educación infantil. E como sempre nos di a profe Laura, o único que necesitamos para esta nova viaxe sexa incrible é ter moita curiosidade e moitas ganas de aprender. Quérevos moito, a profe Laura.

 

FESTA ARCO DA VELLA

O 21 de xuño remata a primavera, para despedila realizamos a "FESTA ARCO DA VELLA" con varios talleres en diferentes zonas do colexio. Para terminar a festa inspirámonos nunha celebración india que resalta a primavera cunha explosión de cores (usando pos holi e fariña de millo) e así converternos así en nenos e nenas arco da vella. Pasámonolo xenial, agora tócanos gozar do verán!

PENSAMENTO COMPUTACIONAL

Durante estas semanas estamos a traballar co alumnado de 6ºB de educación infantil o pensamento computacional. Esta actividade axúdanos moitísimo a avanzar coa adquisión das nocións espaciais. 

Os nenos e nenas desenvolven diferentes habilidades as cales son necesarias para a resolución dos problemas como a descomposición, a abstracción, os patróns e os algoritmos. 

Primeiro movémonos co noso corpo e coa axuda do noso compañeiros e compañeiras dentro dun panel xigante que está no corredor. Temos que chegar ata Leny! Se nos tocan na barriga imos cara adiante, se nos tocan no ombreiro dereito virámonos cara á dereita e se nos tocan o ombreiro esquerdo virámonos cara á esquerda. Ademais é importante buscar o camiño máis curto. 

Despois introducimos as frechas creadas na impresora 3D do centro, un compañeiro guiábanos tocando e levantando cada unha das frechas. 

Por último, empregamos o escornabot nun panel onde había diferentes fotografías de bechos e nós tiñamos que introducir o código ao robot para lograr chegar ao becho correspondente. Ás veces era máis complicado, non só tivemos que buscar o camiño máis curto se non que tiñamos que pasar por determinados bechos antes de chegar ao becho final. 

 

PSICOMOTRICIDADE

Os nenos e nenas de 5 anos, estiveron traballando as súas habilidades, destrezas, o movemento, a coordinación, equilibrio, precisión, etc. nas sesións de psicomotricidade. Pero, á vez, tamén o pasan xenial, desfrutando cos xogos e actividades. Aquí vos deixamos un resumo dalgunhas actividades que fixemos:

 

O NOSO CORPO CON REALIDADE AUMENTADA

Os alumnos e alumnas de 6ºB de educación infantil seguimos investigando e aprendendo sobre o corpo humano. Grazas á realidade aumentada e a unha camiseta máxica puidemos ver como somos por dentro con movementos e a tamaño real.

 

IOGA - VIDA ACTIVA E DEPORTIVA NA AULA DE 6ºB DE EDUCACIÓN INFANTIL

Todos os días despois do recreo dedicamos un tempo para relaxarnos e volver á calma despois de tanto movemento.

Antes de nada apagamos as luces, botamos unha colonia "máxica" e poñemos música tranquila. Unha vez creado o ambiente e cos ollos pechados comezamos a traballar coa respiración. Despois con axuda dos dados das posturas e co reloxo de area facemos diferentes posturas que nos axudan a acougarnos, concentrarnos, divertirnos...

O ioga axúdanos a exercitar o noso corpo, a nosa mente e a nosa respiración.

 

 

FONEMAS S/Z

Distribuir contido


by Dr. Radut