Skip to Content

Blogues

XOGOS POPULARES

Os xogos populares, como outros elementos culturais, conteñen diferentes concepcións que forman parte da sociedade, teñen unha dimensión lúdica e educativa, e son parte importante da convivencia e cooperación en grupo. Posúen un gran valor socio-cultural que sobrepasa os aspectos lúdicos, pois cada xogo presenta diferentes características dependendo da zona na que se practica.
Os xogos defínense como a actividade física ou mental que ten a finalidade de divertirse e entreterse.

Pretendemos potenciar, mediante unha metodoloxía activa, que o neno/a coñeza o seu propio corpo, as súas posibilidades e limitacións practicando xogos e, ó mesmo tempo, coñeza unha parte importante da súa cultura participando nos xogos populares.

Se pinchades na seguinte imaxe poderedes ver unha breve explicación de como se xoga a cada un deles.

FROITAS DEGUSTADAS

Este foi o noso menú nas merendas das semanas da froita

 

 

FROITA FRESCA NA ESCOLA 2021

Tendo en conta as circunstancias que estamos a vivir e sendo conscientes da importancia que ten unha boa alimentación para as nosas defensas, decidimos, dun xeito bastante diferente a como o viñamos facendo, seguir participando nas semanas da ¨Froita Fresca na Escola¨. Eleximos unhas froitas que nos permitisen garantir todas as normas COVID e optamos por repetilas na segunda semana cambiando a variedade.

 

A busca das froitas perdidas en Educación Física!

O pasado venres 14 de maio o alumnado de 3º, 5º e 6º realizou un xogo en Educación Física no que tiñan que buscar 27 froitas agochadas no colexio. Algunhas froitas resultaron máis difíciles de identificar ca outras, pero tódolos equipos conseguir finalizar a misión con máis ou menos éxito!

 

MARIPOSA DEL AIRE

O ALUMNADO 3 ANOS A TRABALLANDO AS SÚAS DOTES POÉTICAS RECITOU A POESÍA DE FEDERICO GARCÍA LORCA "MARIPOSA DEL AIRE"

 

 

ENTROIDO 2021 NA CLASE DE 3 ANOS A

UN ANO MÁIS, AINDA QUE MOI DIFERENTE DEBIDO Á PANDEMIA, CELEBRAMOS O ENTROIDO NO NOSO COLE. E TRAS TANTA  ACTIVIDADE REPOÑEMOS ENERXÍA, ACOMPAÑANDO OS DOCES TÍPICOS DA ÉPOCA CON  SABOROSOS KIWIS E MANDARINAS.

 

ENTROIDO FROITEIRO NA CLASE DE 5 ANOS

AS NENAS E NENOS DA CLASE DE 5 ANOS XOGARON NESTE ENTROIDO A IMITAR AS OBRAS DE RENE MAGRITTE.

OLLADE QUE ARTISTAS TEMOS!!!!

  

 

 

 

 

 

 

 

 

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2021

NESTE 24 DE FEBREIRO, CELEBRACIÓN DA DATA DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO, NA CLASE DE "3 ANOS A" FIXÉMOSLLE UNHA PEQUENA HOMENAXE  RECITANDO UN ANAQUIÑO DA SUA OBRA "CANTARES GALLEGOS".

 

RED APPLE

O ALUMNADO DE 3 ANOS ESTIVO APRENDENDO A COR "RED", PARA O QUE COLOREOU UNHA SABOROSA RED APPLE.

REPORTERO DOC

      No número de decembro-xaneiro de REPORTERO DOC fainos reflexionar sobre a importancia da nosa alimentación.

      Ollade!!, e para máis información visitade a nosa biblioteca alí atoparás esta revista e moita máis información.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

RECEITAS DE FROITA DE TEMPORADA

Uxía, Anxo, Marcos e Sofía fixeron estas deliciosas receitas con kiwi para o proxecto  E-twinning en inglés.

 

Nadal 2021

     Un ano máis o noso NADAL énchese de  postais, traxes, decorados, agasallos,....., e con tanta actividade ábresenos o apetito que saciamos, ademáis de cos postres típicos da época, con deliciosa froita fresca e en almibre.

 

 

QUE DELICIA!!!! 

 

PAZ 2021

 

O desexo da clase de 3 anos A neste 30 de xaneiro é que a POMBA DA PAZ nos traía unha vacina feita cos nosos mellores desexos para combater as inxustizas, o odio, os medos,..... e por suposto o coronavirus para que poidamos amosar de novo afecto, amor,...., xogar, compartir,... sen medos nin distancias.

 

 

BO NADAL

AS NENAS E NENOS DE 3 ANOS A, VESTIDOS DE PEQUENAS E PEQUENOS DUENDES DO NADAL, ADEMÁIS DE APRENDER AS LETRAS DOS SEUS NOMES DESEXAN FELICITARVOS DENDE A DISTANCIA NESTAS FESTAS TAN ESPECIAIS E DIFERENTES.

E  FACENDO HONRA DE SER CEIP PLURILINGÜE EMPREGAN ATA O GREGO.

 

 

CABAZAS EN 3 ANOS A

      ENTRE BALEIRADOS E DECORADOS ESTAS NENIÑAS E NENIÑOS DE 3 ANOS A SABOREARON DELICIOSAS RECEITAS DE CABAZA CHEAS DE DIVERSIÓN E AMOR XUNTO AS SUAS FAMILIAS.

Distribuir contido


by Dr. Radut