Skip to Content

Celebracións

ENTROIDO

      Para facer honra ao proxecto planeta verde-planeta azul este ano decidimos celebrar un entroido con R maiúscula, REDUCIR, REUTILIZAR e RECICLAR. Empregamos materiais como tapóns, papeis de xornal, de revista, cartóns, envoltorios de plástico... Estas accións tentan reducir o impacto da nosa vida no planeta e conservalo para as xeracións do futuro.   

 

Un entroido para reflexionar, reducir, reutilizar, reciclar, redistribuír...

 Grazas pola colaboración de David Pérez Iglesias, pai dunha alumna do centro.

 

PREPARANDO O ENTROIDO...

COMO BAILAR GLOBAL MUIÑEIRA

  

                 paso 1                         paso 2                                paso 3

 

                            paso 4                                             paso 5

          

       Como bailar Global Muiñeira                       Global Muiñeira FlashMob

          Coreografía completa                              Versión Folk

 

Magic in the air (Chorégraphie Flashmob Téléthon Rennes 2014)

 

Chegou o Nadal!

Este ano decoramos as portas do colexio con materiais de refugallo e ....

Que ben quedaron!

MAGOSTO

Lembranzas do ferrocarril pasado, presente e futuro

Visita a exposición "lembranzas do ferrocarril pasado, presente e futuro" no pazo de Mos. Tivemos a sorte de poder acudir todo o alumnado, grazas ao concello. 

 

ELECCIÓNS

COMEZAMOS UN NOVO CURSO E ESPERAMOS QUE ESTEA CHEO DE ILUSIÓNS E DE BOS MOMENTOS.
DESPOIS DUNHA DURA CAMPAÑA ELECTORAL PARA ELIXIR O PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO (PDI) E DECIDIRNOS ENTRE EUROPA E PLANETA AZUL-PLANETA VERDE.

O TEMA GAÑADOR FOI...

 

  PLANETA AZUL - PLANETA VERDE

 

FELIZ COMEZO DE CURSO!

TALLERES

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

GRADUACIÓNS 6º DE PRIMARIA

  

 

  

 

  

GRADUACIÓNS INFANTIL

 

 

FIN DE CURSO

 

Varios alumnos e alumnas de diferentes cursos se xuntaron para animarnos cos seus bailes.

ARTENTROIDO

Este ano como sabedes o noso proxecto documental integrado é sobre a arte e ao chegar o entroido celebramos o ARTENTROIDO!!!! O noso colexio  encheuse de personaxes moi ilustres coas súas obras máis representativas, KANDINSKY, FRIDA KAHLO, DIEGO RIVERA, DALÍ, PETEIRO, ANDY WHARHOL, MIRÓ, tamén pasaron artistas alternativos e non tan coñecidos que se expresaron libremente e que estamos seguros de que nun futuro falarase deles.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Foi un día moi artístico!!!!

 

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Celebramos o Día da Non Violencia e da Paz construindo o cadro do Guernica. É un cadro simbólico que representa o sufrimento da humanidade durante as guerras, unha protesta contra a brutalidade e a crueldade das guerras.

      

sentímolo, flash non está dispoñible.

 

Propoñémonos cambiar o mundo e baixo a cita de Honoré de Balzac "Se eu cambio, todo cambia" escribimos nunha nota o que podemos cambiar para que o mundo sexa mellor.

 

O alumnado presentou un acto no que vimos dúas curtametraxes unha sobre a historia da realización do Guernica e outro sobre a explicación do cadro.

Tamén vimos unha presentación realizada pola biblioteca sobre dous símbolos da PAZ, Kofi Annan e a ONU.

 

Rematamos o acto cantando e bailando a cantiaga QUÉROTE MÁIS do Sonoro Maxín.

 

FESTEXAMOS O MAGOSTO

O martes 10 de novembro festexamos o Magosto no colexio.

 

Todo comezou coa aparición de Casilda e Hermenexilda, que vos pedían colaboración para converter o cole nunha galería de arte chea de natureza.

Con todo o material listo, xa estabamos preparados para dar comezo a celebración. Primeiro observamos como se prendían dúas fogueiras para, posteriormente, bailar arredor delas.

Despois elaboramos as nosas obras de arte cos elementos da natureza recollidos e, finalmente, degustamos as castañas que, como todos os anos, Juan nos asou con moito agarimo.

 

Deixámosvos fotos na GALERÍA da páxina web e un pequeno vídeo cos mellores momentos dese día. 

Esperamos que vos guste!

 

 

NORABOA POLO GRAN TRABALLO!

BENVIDOS

 

Benvidos a este novo curso que está a piques de comezar!

Feliz reencontro!

O xoves 10 de setembro comezamos un novo curso.

HELLO CHILDREN!!!! SEE YOU ON THURSDAY!!!!

UN LIPDUB POLA PAZ!

Este ano no colexio pola conmemoración do DÍA DA PAZ acordamos (dende os diferentes equipos) realizar un Lipdub.

Un LIPDUB é un vídeo musical realizado, nunha soa toma, por un grupo de persoas que sincronizan os seus movementos acorde a unha canción. 

Foi unha experiencia creativa moi divertida e enriquecedora.

Dende eiquí o noso enorme agradecemento ao alumnado e a todo o claustro de mestres (tanto os que aparecen na gravación coma os que están agochados levando a cabo outras funcións non menos importantes), que co seu esforzo e adicación conseguimos elaborar algo tan especial.

 

 

FELIZ DÍA DA PAZ!!

Non vos perdades o vídeo realizado pola mestra Ángeles sobre as tomas falsas do lipdub e as nosas pedras pola Paz, porque "A PAZ PODE SER A SUMA DO BO DE CADA UN"

 

 

Distribuir contido


CONTADOR DE VISITAS

contador de visitas para blog

by Dr. Radut