Skip to Content

Proxecto de vida activa e deportiva

Busca do tesouro

Nas aulas de 4 anos realizamos unha busca do tesouro con pistas escondidas por todo o cole. 

Así, seguindo as cores do arco da vella atopámonos cun gran tesouro!

Coordinación, lateralide e ritmo na aula de Música (2ºA e 2ºB Ed. Primaria)

Os nenos e nenas de 2ºA e 2ºB fixeron unha actividade na que combinan a coordinación, a lateralidade e o ritmo. Puxemos unha lona coas pegadas dos pés en diferente sentido, e eles tiñan que pisar segundo fose aparecendo á vez que a música que soaba. O resultado foi un vídeo moi gracioso e pasáronno moi ben!

 

 

 

 

 

 

Proxecto do circo!

Ola familias!

Déixovos unhas imaxes do proxecto do Circo que fixemos cos compis de 3 anos A. Pasárono moi ben durante o proceso de gravación!

Unha aperta. 

 

 

Dinamización intercentros no CEIP Xosé Fernández López

O pasado 25 de maio acudimos ao CEIP Xosé Fernández López a participar nunha xornada de dinamización intercentros xunto a outros 10 colexios! Foi unha xornada moi divertida na que coñecemos a moitos dos nosos futuros compañeiros de instituto e de clubs deportivos da zona! 

Xogando ao FUTGAL!

O pasado 28 de abril realizamos unha actividade en colaboración co concello e a federación galega de fútbol sala. Esta actividade estaba dirixida a alumnado de 1º a 4º. Xogamos nuns inchables e recibimos agasallos como unha camiseta e tres balóns para o colexio!

Dinamización intercentros co CEIP Mestre Valverde Mayo!

O pasado 19 de abril o alumnado de 5º e 6º do CEIP Mestre Valverde Mayo acudiu ao noso colexio para xogar con alumnado de 5º a varios deportes. Foi unha xornada moi divertida na que practicamos fútbol sala, baloncesto, balonmán, bádminton e botebol. O máis importante é que progresamos na deportividade e no xogo limpo!

Xornada de atletismo en pista con 5º!

O pasado 12 de abril acudimos a unha xornada de atletismo con alumnado de 5º! Foi toda unha experiencia e acadamos grandes resultados!!!

Xornada de bádminton con 4º !

O pasado 22 de marzo acudimos ao IFEVI para xogar ao bádminton con outros centros educativos da zona! Pasámolo xenial e aprendemos moito deste deporte!

16.03.2023 Dinamiación intercentros do CPR Santo Tomás

O pasado marzo visitounos o CPR Santo Tomás, con eles xogamos ao bádminton, balonmán, baloncesto, botebol e fútbol sala; co alumnado de 6º. 

Coñece o meu club! Béisbol

Durante o mes de febreiro e marzo realizamos dúas sesións de béisbol en colaboración co club Trasnos Béisbol Club. Está actividade foi ofertada de 2º a primeiro! Graciñas por ensinarnos tanto Fernando!

IOGA - VIDA ACTIVA E DEPORTIVA NA AULA DE 6ºB DE EDUCACIÓN INFANTIL

Todos os días despois do recreo dedicamos un tempo para relaxarnos e volver á calma despois de tanto movemento.

Antes de nada apagamos as luces, botamos unha colonia "máxica" e poñemos música tranquila. Unha vez creado o ambiente e cos ollos pechados comezamos a traballar coa respiración. Despois con axuda dos dados das posturas e co reloxo de area facemos diferentes posturas que nos axudan a acougarnos, concentrarnos, divertirnos...

O ioga axúdanos a exercitar o noso corpo, a nosa mente e a nosa respiración.

 

 

Andaina polo monte

MÚSICA E MOVEMENTO

 

Os nenos e nenas de 5ºB de Educación Infantil realizaron unha actividade en psicomotricidade que consiste en moverse ao ritmo da música pola aula e cando esta pare realizar as indicacións da mestra ou doutro compañeiro/a (agruparse por parellas, en grupos de 3 nenos/as, en grupos de 4...)

 

 

  

 

 

 

 

 

Outra variante cos nenos e nenas de 4ºB de Educación Infantil é moverse pola aula o ritmo da música e cando esta pare realizar as indicacións da mestra (colocarse dentro dun aro azul, fóra dun aro amarelo, dentro dun aro vermello…)

 

 

 

 

XOGO E MOVEMENTO EN INFANTIL

Nas aulas de infantil, fixemos unha actividade en psicomotricidade onde traballamos o  movemento, axilidade, atención, equilibrio, coordinación…a cal consistía en bailar e movernos por toda a sala mentres soaba a música, e cando esta paraba, debían apurarse e atopar un aro onde meterse. Para a súa sorpresa, cada vez faltaban máis aros e tiñan que xuntarse moitos nenos e nenas dentro dun aro, aínda que iso non foi unha dificultade para eles, fixérono xenial! Aquí vos deixamos un vídeo con algunhas fotos:

 


Merenda con froita creativa, na casiña!

Dende a área de Educación Física, levouse a cabo unha actividade na que o alumnado de 1º, 2º, 3º, 4º e 6º, que quixo partipar; mandou unha foto da súa merenda con froita. Aquí o vídeo das fotos recibidas! Esta actividade ten relación co Plan Proxecta Aliméntate ben e o Proxecto deportivo de centro.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut