Skip to Content

Criterios e procedemento de distribución de máscaras

O PASADO VENRES 10 DE DECEMBRO FORON REPARTIDAS

Lembrade mandar o recibí aos titores/as.

Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E).DOG nº 128 (12/11/21)

Alumnado beneficiario

Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial que, de acordo coa Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2021/22:

Non ten que presentar solicitude:

O alumnado que fose beneficiario da axuda para mercar material escolar no curso 2021/22

Ten que presentar solicitude:

O alumnado que non foi beneficiaro da axuda para adquirir material escolar no curso 2021-22, pero que cumpra alguna das seguintes condicións:

  1. Que pertenza a una familia cunha renda per cápital igual ou inferior a 6.000 €.
  2. Alumnado matriculado en educación especial.
  3. Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  4. Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

Prazo solicitudes:

10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación no DOG. (do 15 ao 26 de novembro de  2021)

·         Enlace sede electrónica (código procedemento ED330E)
·         Solicitude presencial

 

 



page | by Dr. Radut