Skip to Content

Procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado

No DOG do día 13 de novembro de 2020 publicouse a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21.

As listaxes de admitidos e excluidos están expostas no taboleiro do centro.

A partir do día 2 de decembro de 2020 en horario de 9:30 a 13:30 horas poden pasar polo centro para a distribución das máscaras correspondentes polos días lectivos que restan a todo o alumnado admitido.

Todo alumnado que resultou benificiario das axudas de material escolar no curso 2020-21 está admitido directamente.



page | by Dr. Radut