Skip to Content

Curso 2016-17

Fotos e vídeos do acto de graduación - curso 16-17

Engadimos ao álbum do acto de graduación 2 vídeos :

Clicade na imaxe para ver as fotos.

VIDEO RESUMO DO CURSO 16-17 EN FOTOS

TORNEO COMARCAL DE MINIBALONMÁN (maio-2017)

Carnés da biblioteca para os novos lectores

Actuacións festival Letras Galegas 2017

CARLOS CASARES - LETRAS GALEGAS 2017

Xa podedes ver as fotos dalgunhas das actividades realizadas no centro durante a semana das Letras Galegas, adicadas este ano ao ourensán Carlos Casares.

Moi pronto poñeremos tamén algúns vídeos das actuacións que preparamos para esta semana tan especial.

Clicade na imaxe para ver as fotos. Se non tedes conta de gmail, podedes ver tamén as fotos clicando na parte superior esquerda da páxina web, en galería de fotos e vídeos.

Correlingua 2017

Fotos da actividade de fomento do galego realizada en Ourense no 3º trimestre do curso.

Xogando ao atletismo 2017

O xoves 25 de maio participamos na competición de atletismo infantil da comarca do Arenteiro, que se celebrou no polideportivo de Cea, onde pasamos unha bonita mañá de deporte e convivencia.

Pasámolo xenial, e conseguimos o 1º posto en alevíns e o 2º en benxamíns. Parabéns a todos os participantes, e en particular aos nosos alumnos polo seu bo comportamento, o seu esforzo e o gran resultado que obtiveron.

Aquí podedes ver as fotos e tamén un vídeo-resumo da actividade.

 

Visita do alumnado de 6º ao IES Prieto Nespereira

O luns 22 de maio , o alumnado de 6º de primaria visitou o IES Julio Prieto Nespereira.

Alí puideron visitar as instalacións, coñecer a algúns dos profesores do ano que vén, tomar algo na cafetería, recibir información sobre a nova etapa, resolver dúbidas e reencontrarse cos seus compañeiros maiores que xa están estudando alí. Pincha na imaxe para ver todas as fotos da visita.

Día do libro 2017: "Mannequin challenge" + Bookselfie "O meu libro favorito"

Vídeo do bookselfie realizado con motivo do Día do libro...!!

 

Obradoiro de xogos ao aire libre

Fotos do obradoiro de xogos ao aire libre organizado no derradeiro día do 2º trimestre.

Torneo de fútbol-sala 2017

En abril disputamos o torneo de fútbol-sala contra o colexio de Cambeo no polideportivo de Amoeiro.

Pasámolo moi ben e quedamos campións tanto en categoría benxamín como alevín.

Parabéns campións!!

Día da árbore e a auga 2017

Fai clic na foto para ver as fotos da celebración da Semana da árbore e a auga.

A Garda Civil fálanos das redes sociais

Charla da Garda Civil sobre os perigos de internet e as redes sociais.

Despedida da profe Eva

Pincha na imaxe para ver as fotos da despedida da profe Eva.

Distribuir contido


by Dr. Radut