Fotos da celebración do Día da Muller 2021, onde puxemos a nosa pegada nun novo mural do concello, fixemos solapeiras para coñecer mulleres pioneiras en Galicia e no mundo, traballamos a igualdade con libros previamente seleccionados, fixemos unha exposición temática, debuxos, debates, visionado de vídeos...
Con motivo do Día das bibliotecas escolares, os alumnos e alumnas do colexio recomendáronnos, en forma de debuxo, o seu libro favorito. Neste video podedes ver esas recomendacións. Desfrutade da lectura!!
Aínda que somos conscientes de que nin internet, nin a tv poden substituír as clases presenciais na aula, seguiremos ofrecendo os recursos que vaiamos coñecendo para axudar ás familias durante esta situación tan excepcional que nos tocou vivir.
A partires de hoxe, hai unha programación especial por televisión con clases para nen@s.