Skip to Content

SEMANA DO LIBRO

 

Para celebrar o Día do libro, comezamos cos apadriñamentos lectores nunha xornada de convivencia e lecturas. Os pequechos gozaron da lectura cos seus padriños e madriñas. Ademais, o alumnado de 2º observou ao de 6º para aprender esta labor tan importante pois o vindeiro curso xa serán padriños e madriñas dos máis peques do cole. Como fixo mal día e choveu, quedamos dentro do colexio coupando todos os espazos. 

 Ao longo de toda a semana degustamos bombón literarios con mensaxes sorpresa: pequenos extractos de libros de diferentes autores e autoras. Os bombóns estaban riquísimos e os textos... tamén!

 

Para rematar a semana o alumnado de infantil, 2º e 3º asistiron a unha sesión de contacontos en lingua de signos. A eiruga glotona ou A que sabe a lúa? foron os contos escollidos para iniciarnos nesta linguaxe tan fermosa. Aprendemos moitas cousas, ata sabemos aplaudir coas mans. Mirade no vídeo que ben o facemos!



story | by Dr. Radut