Skip to Content

Infantil

OUTONO EN 3 ANOS A

As alumnas e os alumnos de 3 anos A, xunto coa súa profe Sandra Maceira, déronlle a benvida ao outono con este marabilloso mural que queren compartir con todos vós.

Benvido, outono! E benvidas as súas cores!

Traballamos as formas xeométricas

Ola! As nenas e os nenos de 4 anos B, partindo do conto Os petos de Loreto, estamos a traballar as formas xeométricas. E coa axuda das nosas familias fixemos estes bonitos murais... e un montón de cousas chulas máis. Mirade!

Saída ao Auditorio

O pasado venres o alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria fixemos unha saída ao Auditorio do Concello de Negreira, onde os profesores da Escola Municipal de Música nos agasallaron cun concerto de piano, violín e gaita.

Festa Fin de curso

Estas son imaxes da festa fin de curso do CEIP O Coto amenizada por un DJ na que participaros todas as alumnas e alumnos, e mestres, e poderedes visualizar uns vídeos nos arquivos adxuntos abaixo.

O troll Raúl

Queredes pasar un bo rato lendo a historia que inventaron e escribirion os alumnos e as alumnas de 5 anos B??

Pois lede e gozade dela!!

Celebración do Día do Medio Ambiente co IES Xulián Magariños

O pasado 5 de xuño, Día do Medio Ambiente, as alumnas e os alumnos de 5º de Educación Infantil do CEIP O Coto acudiron ao encontro dos alumnos de 3º da ESO do instituto veciño, o IES Xulián Magariños para celebrar este día, na liña das actividades que se viñan desenvolvendo ao longo das últimas semanas.

Xosé Mª Díaz Castro na aula das xirafas e dos pitiños

As xirafiñas e os pitiños estiveron traballando a figura de Xosé María Díaz Castro ao longo dos últimos días: a súa vida; o seu libro Nimbos, xunto con dous dos seus poemas,...; e o que aquí vos mostramos, as súas caricaturas. Que vos parecen?

Verdedades, nos pasillos de infantil

Chegou Verdedades, de Yolanda Castaño e Xosé Tomás aos corredores das aulas de infantil. Botádelle unha ollada ao arquivo adxunto para comprobar o ben que traballamos as plantas da contorna, da man do Equipo da Biblioteca.

Distribuir contido


by Dr. Radut