Blog de Pilar

SAÍDA A LUGO PARA VER A OBRA DE TEATRO "HUGO"

O alumnado de 3º e 4º de Primaria realizou unha saída a Lugo para ver a obra de teatro "HUGO" que trataba o tema do TEA (trastorno de espectro autista). Os alumnos comprenderon que todos somos e temos capacidades diferentes.

Antes do comezo da obra disfrutamos dun tempo de lecer no parque de Frigsa. Pasámolo xenial!!!

 

EXCURSIÓN Á CORUÑA

   O pasado 7 de febreiro o alumnado de 3º e 4º foi de excursión á Coruña. Os de 3º visitaron o Domus e o Acuario e os de 4º a Casa das Ciencias e o Muncyt. Pasámolo xenial e aprendemos moitas cousas.

 

BO NADAL!

   Hoxe rematamos o primeiro traxecto do curso e despedimos o trimestre con varias actividades. En primeiro lugar fixemos un festival na clase no que houbo algo de todo: chistes, bailes, contos navideños... e ata había presentadores. Despois vimos unha representación de personaxes navideños por parte da AFA e, despois do recreo, o alumnado de 5º e 6º deleitounos cun concerto navideño. Os nenos de E.Infantil tamén cantaron unha panxoliña moi chula.

   Os nenos e nenas de 4º e a súa titora deséxanvos FELIZ NADAL!

 

 

CELEBRANDO O MAGOSTO!

Un ano máis celebramos o magosto no cole. Baixamos moi preparadiños coas nosas cestas feitas con materiais sinxelos como un brick e recortes de aironfix que nos quedaran doutros traballos. A verdade é que estaban boísimas.