Blog de Pilar

OBRADOIRO DE ROBÓTICA E ARTE

Hoxe tivemos na aula un obradoiro de robótica e arte. Fixemos unha creación artística coa axuda dun sinxelo robot que construímos nós coa axuda do monitor. Para facelo empregamos: un vaso de cartón, unha pila, un pequeno motor, a hélice dun ventilador, velcro, cable e clips. Unha vez feito, pegámoslle uns rotuladores en vertical que parecían as patas do robot e...listo!

Este foi o resultado, diferente pero chuli!

AS NENAS E NENOS DE 3ºA ENTREVISTAMOS A ANA, A NOSA TITORA EN E.INFANTIL

Hoxe tivemos unha visita moi especial á nosa clase. Trátase de Ana Fernández, a que foi a nosa titora en E.Infantil, que veu para facerlle unha entrevista. Contestou amablemente ás nosas preguntas, trouxonos o "libro de recordos" que lle regaláramos e pasámolo xenial! Ana, querémoste!

* No periódico escolar contarémosvos as súas respostas!

LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS

Para celebrar o día das Letras Galegas elaboramos este mural sobre a vida e obra de Xela Arias que será exposto xunto cos dos outros cursos. Tamén fixemos un caderniño que recolle o máis salientable da súa vida e obra.

 

 

PLANTAS DA NOSA CONTORNA

Cada neno-a da clase clasificou unha folla dunha árbore ou arbusto polo seu bordo e limbo e escribiu as súas características. Bo traballo chicos!

PLANTAS CARNÍVORAS

Hoxe, Mª José, a "profe das plantas" como lle chamamos cariñosamente, trouxonos estas dúas plantas carnívoras que nunca víramos antes. Imos traer un par de formigas e... a ver que pasa!