Blog de Pilar

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

   Coma todos os anos celebramos o DÍA DA PAZ. Este ano preparamos dúas cancións con Eva, a profe de música, que cantamos co resto dos nenos e profes do cole no pavillón.

   Tamén fixemos un mural colectivo cheo de estrelas que adorna a entrada do colexio para así lembrarnos que a PAZ HAI QUE CELEBRALA TODOS OS DÍAS.

   E, como non, adornamos a entrada da nosa clase con máis estrelas cheíñas de mensaxes.

  

CALENDARIO ESCOLAR

Como todos os anos os nenos e nenas de cada titoría elaboran un bonito calendario escolar cos seus debuxos. Este ano a temática foi "culturas do mundo" e a nosa clase participou coa cultura romana. Todos o fixeron xenial e o xurado o tivo realmente difícil. O escollido é o que aparece no calendario e o resto son estes. SÚPER XENIAIS!!!

LIMPANDO A NOSA PRAIA

O pasado xoves 28 fixemos unha saída á praia de Llas para recoller plásticos que trae o mar. Non había moita cantidade polo que é un motivo para alegrarnos pois así temos a praia menos contaminada.  María José, a profe encargada de Voz Natura, contaravos máis detalles  desta saída. Viñemos encantados e con gañas de repetir!

BILINGUAL SECTIONS

 Ola a todos-as!  Comezo esta nova sección indicándovos un blog que creei xa hai tempo e que vos explica en que consiste esta actividade nova no Centro. De todos os xeitos, para calquera dúbida podedes consultalo con teacher Sonia ou comigo, que son a que vai a impartila en Plástica nos niveis de 3º e 4º. Periodicamente subirei os traballiños que vaiamos creando.

http://pilar-englishchannel.blogspot.com/

OLA A TODOS-AS!

   Ola a todos os que nos seguides! Comezamos un novo curso cheos de ilusión, tanto nenos-as, como a profe. Seguiremos aprendendo e disfrutando xuntos.

   Neste blog aparecerán, ademais das actividades de 4ºA, outras das recén inauguradas Seccións Bilingües (Bilingual Sections) e, para comezar un saúdo do primeiro día de clase!