Blog de Pilar

PRIMEIRA SAÍDA DO CURSO: CASA LABRADELA (XOVE)

   O pasado 6 de outubro o alumnado de 3º e 4º fixo a súa primeira saída do curso á Casa Labradela de Xove. Ao chegar o primeiro que fixemos foi ver unha presentación sobre as abellas, moi ben explicada por membros da familia da casa que se adica, entre outras cousas á apicultura. A continuación fomos ver os materiais empregados para quitar o mel dos panais.

   Despois fomos ver as salas de cría do porco celta, que é outra das principais actividades ás que se adica esta familia.

   Fomos ver tamén a Antón, o pai dos porquiños que alí crían e os lugares por onde andan ceibos correndo

   Finalmente, chegou a hora de repoñer forzas e puidemos probar  salchichón, chourizo e mel da casa. DELICIOSO!!!

 

              Estabamos  desexando descubrir novos lugares e experiencias ESTE CURSO!!!

A NOSA EXCURSIÓN: "LUGO ROMANO"

   O día 24 de maio o alumnado de 3º e 4º fixemos unha excursión a Lugo con temática romana. Visitamos o Museo Provincial onde un guía  nos explicou como era Lugo antes e despois da chegada dos romanos, vimos restos das súas xoias, utensilios, mosaicos xigantes...Despois fomos atravesando a Rúa Nova ata chegar ao Museo de Interpretación da Muralla onde unha guía nos ensinou unha recreación de como era antes a muralla ( con dous pisos e toda branca) e outras curiosidades.

   O último museo foi o Domus Mitreo onde o guía nos ensinou os restos dunha casa romana e un templo adicado ao deus Mitreo. Para completar o pasado romano subimos á muralla e fixemos un pequeno percorrido imaxinándonos como sería vivir nesa época. Ao pasar pola Mosqueira recoñecímola porque xa falamos dela na clase de plástica pois participamos no Concurso Muralla de Lugo do Progreso.

   Cando baixamos dela, seguimos camiñando pola Rúa San Pedro ata chegar á Praza Maior onde xantamos, xogamos e mercamos algunha chupetada e, por último, estivemos nun parque. Todo o día dentro do recinto amurallado noutros tempos habitado polos nosos antepasados romanos.

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO

Esta semana celebramos o Día do Libro con actividades propostas pola biblioteca do cole. O martes fomos á biblioteca do cole e fixemos unha actividade que consistiu en tirar uns dados que nos daban datos para inventar un conto, como os personaxes, o lugar...

Cando cada equipo tiña os seus datos ,comezamos a inventar un conto que os tivera en conta e resultaron unhas creacións xeniais. Hoxe tocounos facer de contacontos para os máis peques do cole, os laranxiñas de 3 anos.

            FOI MOI DIVER!

     

                                                                                                                       

 

SAÍDA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL

   O pasado venres 31 de marzo os alumnos-as de 3º visitamos a Biblioteca de Foz. Polo camiño fixemos unha parada diante do Concello, lugar onde o pasado 8 de marzo, colocaron os nosos tapices morados para conmemorar o día e onde atopamos ao alcalde, quen nos dirixiu unhas palabras.

   Na Biblioteca recibiunos Marta, a bibliotecaria, que nos ensinou moitas cousas: a buscar libros, as novidades adquiridas, a entender o "tejuelo" ...

   Marta entregounos o impreso para facer o novo carnet, válido para calquera Biblioteca Pública de Galicia e regalounos un bonito marcapáxinas co horario da Biblioteca.

    Despois baixamos ao porto onde merendamos e xogamos un pouco e, finalmente, volvemos para o colexio pasando polo casco antigo de Foz e as súas estreitas rúas.

                                                    PASÁMOLO XENIAL!!

EXCURSIÓN AO DOMUS E AO ACUARIO DA CORUÑA

O día 1 de marzo o alumnado de 3º e 4º visitamos o Domus e o Acuario da Coruña. A viaxe foi xenial pois vimos como nevaba.

No Domus puidemos experimentar coas actividades que alí había e no Acuario Finisterrae descubrimos que o mundo mariño é xenial!