Blog de Pilar

CELEBRAMOS A PAZ!

   Hoxe celebramos o Día da Paz no noso cole, pero xa uns días antes, comezamos cos preparativos. Coloreamos o distintivo que íamos levar no brazo, vimos un corto titulado "Cuerdas", en Art decoramos un símbolo da paz e inventamos entre toda a clase unha rima que limos hoxe no acto que houbo no cole á volta da saída a Llas ( carreira pola Paz). Ao rematar o acto, colocámola nun mural á entrada xunto aos traballos dos demais compañeiros do cole.

                                                                                                                                POR UN MUNDO CON PAZ!

CELEBRAMOS O DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

   O pasado 20 de novembro celebrouse o día da infancia. Por iso, na clase, revisamos algúns dos dereitos de todos os nenos e nenas, cantamos  a canción: "Si todos queremos el mundo cambiar"  (https://www.youtube.com/watch?v=-FKND04W9ug) e confeccionamos este colorido mural.

 

CONTOS DE LELI

Dúas alumnas da nosa clase participaron no concurso da Biblioteca sobre Leli, a mascota. Daniela e Carmela fixérono xenial ao igual que o resto de participantes. MOITAS GRAZAS CHICAS!

A FABA DE LOURENZÁ

O día 24 de outubro os alumnos de 3º realizaron unha saída ao concello de Lourenzá. Comezamos coa visita ( por sorpresa!) do sarcófago do Conde Santo, Osorio Gutiérrez. Alí, os que quixeron, cumpliron co ritual (que nos explicou a guía ) de meter dous dedos por un orificio e pedirlle un desexo.

 

   Despois atravesamos o edificio do Concello e chegamos ao museo da faba. Atopamos ao "Coco" e á "Coca" e,no museo, a guía contounos cosas moi interesantes sobre a faba: variedades, procedencia...Tamén vimos alí os utensilios que se empregaban antes de haber máquinas.

   Dende aquí dirixímonos á cooperativa de agricultores onde vimos un vídeo sobre o proceso de cultivo da faba, que interesante! Tamén percorrimos as instalacións onde se recollen, seleccionan, conxelan e envasan.

 Despois de tomar a merenda xunto a un muíño e lavadeiro moi antigos fomos a unha plantación a apañar as fabas.Que divertido!

 

 Cada un levou de regalo as que apañou e unhas fabiñas moi chulis nos regalaron un libro dos Bolechas sobre cultivos onde tamén aparece Pepe Cuadrado, un agricultor que, xunto a Justi ( a guía do concello)nos acompañou todo o tempo.

   MOITAS GRAZAS POR FACERNOS PASAR UNHA MAÑÁ TAN XENIAL!

 

EXCURSIÓN AO MUSEO DA MINARÍA E DO FERROCARRIL

O pasado día 25 de maio fomos de excursión a Asturias. Primeiro visitamos o museo da minaría en El Entrego onde baixamos a unha mina, montamos en vagoneta e percorrimos diferentes salas. Pola tarde, trasladámonos a Gijón para visitar o museo do ferrocarril. Alí puidemos ver e, ata subir, en diferentes trens e tranvías de diferente tipo: eléctricos, de gasoil e de carbón. 

   Pasámolo xenial!