Skip to Content

    

 

Ferramentas

Configuración do correo @edu.xunta.es en App de dispositivos móbiles

O acceso ao servizo de correo @ edu.xunta.es desde dispositivos móbiles empregando canles de comunicación non seguras ( WIFIs públicas, ...) constitúe un dos riscos de seguridade que poden comprometer as credenciais de acceso aos servizos educativos. Para reducir eses riscos, o acceso ao servizo de correo @ edu.xunta.es a través de clientes de correo ou dispositivos móbiles, está soamente accesible mediante protocolos e portos que transmitan as credenciais de correo de maneira cifrado e seguro ( SSL, TLS).

Por este motivo, para configurar o acceso ao correo @ edu.xunta.es desde un cliente de correo ou desde un dispositivo móbil, tanto as contas do profesorado como as contas de centros educativos, etc., é necesario empregar a seguinte configuración:

Acceso ao correo:

Enderezo de correo: <conta>@edu.xunta.gal
Usuario: <conta>
Servidor IMAP: imap.edu.xunta.gal
Seguridade: SSL/TLS
Porto: 993
Identificación: Contrasinal normal

Envío de correo:
Usuario: < conta>@edu.xunta.gal
Servidor SMTP: smtp.edu.xunta.gal
Porto: 587
Seguridade: STARTTLS
Identificación: Contrasinal normal
Usuario: <conta>

Para solucionar as dúbidas, cóntase cun equipo de soporte técnico na Unidade de Atención a Centros a través do teléfono 881 99 77 01 e do correo electrónico  uac@edu.xunta.es

 

Drupal 6 - Documentación para os usuarios editores de contido

No seguinte enlace, accederás ao curso onde se amosa toda a documentación sobre Drupal 6,  para os usuarios editores de contido en webs dinámicas que é a plataforma empregada polas páxinas web dos centros educativos.

Administración e uso de Coppermine 1.6

Accedende a este enlace accederás ás tarefas máis habituais que desde os centros se levan a cabo sobre a Galería de imaxes do proxecto Webs Dinámicas co software Coppermine 1.6, tanto para usuarios administradores como para usuarios rexistrados na plataforma.

Coppermine é unha aplicación web que permite xestionar de forma sinxela unha galería de imaxes e vídeos para o noso centro.

App Aula Virutal: Moodle App

Os dispositivos móbiles permiten dispoñer deles as 24 horas do día, pódese aprender na casa, agardando o autobús, no parque, na rúa, ... aumentando as oportunidades para o aprendizaxe formal e informal. Existe unha gran variedade de dispositivos móbiles, portátiles, netbooks, ebooks, tabletas..., pero sen dúbida o smartphone, pola súa versatilidade, parece ser o dispositivo por excelencia en determinados entornos educativos.

No seguinte enlace, tes todos os pasos para descargar e empregar esta aplicación de Moodle App que che vai permitir acceder á aula virtual de xeito dende o teu dispositivo móbil.

Primeiros pasos na Aula Virutal de Moodle

As AULAS VIRTUAIS (Moodle) dos centros educativos estrutúranse en cursos onde os profesores poden colgar os seus recursos e actividades para o alumnado, mantendo en todo momento un seguimento da actividade que este realiza. Ademais, o amplo número de actividades dispoñibles fai de Moodle unha plataforma con un potencial colaborativo moi importante.

Picando no seguinte enlace, poderás acceder aos videotitorias que precisas para aclarar todas as dúbidas que se che presenten desta plataforma.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut