Skip to Content

    

 

Actividades

Contacontos "A Xanela do Maxín"

Esta semana puidemos participar nun contacontos dirixido ao alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria sobre o acoso escolar e o bulling. 

Foi realizado pola Compañía de teatros "A Xanela do Maxín" e dramatizado coa axuda de voluntarios/as de 5º e 6º de Educación Primaria.

Nel os nenos e nenas puideron escoitar o conto " A banda dos insectos" no que se trasmiten valores como o compañeirismo, o respecto, a igauldade, solidaridade, integración, etc.

Espero que desfrutarades moito.

Contacontos "Anxo Moure"

A semana pasada os nenos e nenas de Educación Infantil e 1º ciclo de Educación Primaria puideron desfrutar dun contacontos de "Anxo Moure". Aproveitamos tamén para abrir a nova biblioteca e poder comezar a desfrutar dela. Dende o equipo de biblioteca agardamos que vos gustase moito.

LENDAS DO MUNDO

Para celebrar o día do libro, decidimos facer un recopilatorio dunha serie de lendas do mundo. Invitámosvos a que viaxedes con nós a través deste mapa interactivo

Clicade encima dos avións e poderedes ver as diferentes lendas.

Contacontos

O día 4 de abril tivemos unha sesión de contacontos para todos os nenos e nenas do noso centro.

Espero que disfrutarades moito.

Aquí vos deixamos algunhas fotografías dese día.

POEFLIX

Hoxe 21 de marzo conmemórase o Día da Poesía e nós quixemos aproveitar esta ocación para indagar sobre diferentes poetas e poetisas do mundo. Deixámosvos a nosa pequena selección.

Fixádevos ben, que ao mellor ainda coñecedes a alguén!

Agardamos que desfrutedes moito coa súa lectura.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut