Skip to Content

    

 

Número anteriores

Revista escolar CARPACEDO, nº 15

Velaquí está a décimo quinta edición do noso xornal escolar, Carpacedo. Volvemos un ano máis, coma sempre por estas datas, coas magníficas creacións que reflicten o moito que traballamos guiados polos mestres e mestras do colexio.

No documento "Calameo" de máis abaixo, veredes un compendio de actividades do alumnado dende o primeiro curso de Educación Infantil ata o último de Educación Primaria. Ademais, publicamos outros traballos que levamos a cabo a nivel de centro, pasatempos e algunha entrevista. De corazón, esperamos que vos guste.

Presentacións aparte, queremos volver a agradecer ao equipo docente, aos nenos e nenas, ás familias e demais membros da comunidade educativa o enorme esforzo, a dedicación e o cariño que brindaron en cada un dos días deste ano académico que, malia ter sido un chisco mellor que o anterior, non deixou de ser atípico.

Como albiscaredes na imaxe principal da portada, tivemos que facer moitos cambios na nosa vida escolar. Houbo que manter as distancias, desinfectar as mans ao entrar e ao saír ata case perder a pel, empregar a máscara todo o tempo e separar o patio en parcelas que semella que deshumanizaron as relacións que, de xeito natural, se establecen entre os nenos/as das nosas idades. Todo o que fixera falta por forxar un espazo seguro de ensino e aprendizaxe en tempos de COVID; calquera cousa antes que o confinamento que nos privou das experiencias escolares o ano pasado.

Pero por máis muros que se levanten, reais ou imaxinarios, necesarios ou inútiles, ninguén, nin o becho máis cativo, poderá separarnos. Aquí seguimos, unidos.

Reiteramos a nosa intención de que gocedes con este xornal que ten un chisco (grande) de noso para vós. Sen máis, pasade un bo verán; sede moi felices.

CARPACEDO Nº14

Como cada fin de curso, presentámosvos o novo número do xornal escolar CARPACEDO. Este ano vai xa pola súa décimo cuarta edición; esperamos que vos guste:

CARPACEDO Nº 13

Velaquí tedes a edición nº 13 do noso xornal escolar, CARPACEDO. Esperamos que vos guste!

 

 

 

CARPACEDO Nº12

 

CARPACEDO Nº11

Xa temos aquí o novo número de Carpacedo, correspondente co curso 2016/2017, revista na que quixemos plasmar as diferentes actividades levadas a cabo durante este curso.

Esperemos que sexa do voso agrado!

 

 

 
Distribuir contido


by Dr. Radut