Skip to main content

PROFESORADO

FORMACIÓN USUARIOS PROFESORADO #CDU #PLAMBE #bescolaresgal #bescolaresgalsbertas

Sesión de martes de tarde con Formación de Usuarios para o profesorado.

 

 

 

 

 

 

BACKSTAGE E ESTREA DA CURTOMETRAXE #voluntariadonaBE #arte #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O 12 de xuño toda a escola navegou ata o Auditorio de Cedeira

ver a estrea de Navegantes, a curtometraxe dirixida por Alicia Freire Vera

para o alumnado voluntario. Algunha desta rapazada xa asistira coas súas

familias á estrea, por este motivo Alicia decidiu facer un backstage,

con algunhas das tomas que non se usaron durante tantas horas

de grabacións. Hoxe o compartimos con todos vos, primeiro o backstage

e despois a versión orixinal corrixida e o backstage xusto detrás.

Collede asento!

 

 

 

 

 

 

FORMACIÓN BIBLIOTECA CREATIVA ALUMNADO E PROFESORADO #arte #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Este venres 3 de marzo, o alumnado en xornada de mañá e o

profesorado en xornada de tarde, gozou de formación en Biblioteca Creativa.

Realizouse un obradoiro de creación de monicreques.

Primeiro aprenderon a manexar a voz e relaxarse para contar historias e

posteriormente crearon un monicreque.

Para iso Ton Arenas, da compañía Mircromina, asesorou na creación e amosou

como con materias reciclados, como o cartón, un pode crear títeres únicos e fantásticos

aos que darlles un nome e crear, con eles,  un guión para unha pequena representación.

Foi unha formación moi productiva, na que alumnado e profesorado,

poderán guiar a outro alumnado na creación de máscaras, monicreques, disfraces...

 

 

 

Distribuir contido