Skip to Content

Secretaría

PLAZOS XESTIÓN AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

O prazo de presentación de solicitudes remata o 23 de xuño, inclusive.

SOLICITUDE

CIRCULAR INFORMATIVA

ORDE DO 16 DE MAIO DO 2017

O prazo de devolución de libros adquiridos coa axuda no curso 2016/17, remata o 23 de xuño. Quedarán excluídos da axuda os alumnos/as que non teñan entregados os libros no prazo estimado.

Os alumnos de 6º que promocionan ao IES Punta Candieira, deberán presentar a solicitude no IES.

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2017/18

PRAZO DO 1 AO 20 DE MARZO

Pódese acceder ao modelo de solicitude do seguinte xeito:

  • Na sede electrónica da Xunta de Galicia, descargando o modelo ED550B.
  • Na secretaría do Ceip Nicolás del Río ou descargar aquí.
  • Na aplicación admisionalumnado”, onde se pode descargar para imprimir ou cubrilo directamente sempre que se dispoña de dni electrónico ou certificado dixital.

DOCUMENTACIÓN

·      - Para os alumn@s de novo ingreso de 3 anos:

-Solicitude + documento acreditativo da idade + sentenza xudicial (nos casos de separación ou divorcio).

·      - Para os alumn@s de novo ingreso doutros centros:

-Solicitude + documento acreditativo da idade + sentenza xudicial (nos casos de separación ou divorcio) + expediente académico.

 

POLO NADAL PONTE A ADIVIÑAR!!!!

Se queres participar neste xogo, cubre o formulario que foi enviado a casa (ou podes descargalo adxunto) e entregao en secretaría ata o 21 de decembro. Haberá un pequeno agasallo para os tres participantes con máis acertos.

Atoparás as fotos de fai tempo de todas as persoas que traballamos no Ceip Nicolás del Río. Asígnalle a cada nome o seu número correspondente.

Serás quen de adiviñar???

PREME AQUÍ PARA VER AS FOTOS

Descargar formulario (xa foi entregado ao alumnado)

CHARLA INFORMATIVA

CHARLA INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS SOBRE OS RISCOS DO USO DE INTERNET E NOVAS TECNOLOXÍAS

JOSÉ ANTONIO FRANCO RIVERA, CABO DA GARDA CIVIL

MARTES 25 DE OUTUBRO ÁS 18h.

CEIP NICOLÁS DEL RÍO

Resultado de imagen de INTERNET SANO

NOTA INFORMATIVA

REUNIÓN COAS FAMILIAS

MARTES 20 DE SETEMBRO

3º PRIMARIA .................17 HORAS

4º PRIMARIA..................18 HORAS

 

MARTES 27 DE SETEMBRO

6º PRIMARIA.................. 17 HORAS

5º PRIMARIA.................. 18 HORAS

INFORMACIÓNS INICIO DE CURSO

ESTIMADAS FAMILIAS: O INICIO OFICIAL DAS CLASES DO CURSO 2016/2017 SERÁ O DÍA 12 DE SETEMBRO

Durante os días previos teredes á vosa disposición as listaxes actualizadas de alumnos/as por aula, a asignación de titorías e a listaxe definitiva de libros de texto, quedando expostas na cristaleira da porta branca.

Antes do inicio realizaranse as reunións iniciais de pais e nais dos alumnos de E.I. e 1º curso de E.P. no seguinte horario

  • Martes 6 de setembro, ás 10:00 h. : 4 anos
  • Martes 6 de setembro, ás 11:30 h. : 3 anos
  • Mércores 7 de setembro, ás 10:00 h. : 5 anos
  • Mércores 7 de setembro ás 11:30 h. : 1º E.P.

ATENCIÓN: NESTE CURSO ESCOLAR 2016/2017 O HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO EN SECRETARÍA SERÁ DE 8:30 A 12:00 HORAS.

Un saúdo e bo inicio de curso a tod@s!!!!!!!!

INFORMACIÓNS SECRETARÍA

 Informamos que os vales para adquisición de material escolar e adquisición de libros de texto para o curso 2016/2017, así como os historiais académicos do alumnado que cursou 6º de Educación Primaria no curso 2015/2016, xa están dispoñibles.

 Poderán recollerse na secretaría do centro entre os días 20 e 22 de xullo (ambos inclusive) ou a partir do 1 de setembro.

COMEDOR ESCOLAR 2016/2017

Publicado no taboleiro do centro (porta branca) o LISTADO PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO NO COMEDOR ESCOLAR, PARA O CURSO2016/2017 segundo o acordado polo Consello Escolar en sesión  do 12 Xullo do 2016.

O prazo para alegacións e entrega de documentación pendente será do 12 ao 22 de xullo.

 

 

As solicitudes non completas ou sen emendar erros en dita data pasarán ao apartado “outros”.

 

 

As vacantes adxudicaranse en setembro entre as solicitudes presentadas fóra do prazo inicialmente estipulado, do 14 de xuño ao 8 de xullo.

 

 

O día 5 de setembro reunirase a Comisión de comedor. Nos días posteriores publicarase a listaxe definitiva.

 

 

 

Cedeira, 12 de xullo de 2016

 

COMEDOR ESCOLAR 2016/2017

 O prazo de presentación de solicitudes de praza no comedor escolar para o curso 2016/17, abranguerá do 14 de xuño ao 8 de xullo , ambos incluídos.

 Os pais/nais/titores legais ou acolledores familiares de alumnado do centro que desexedes colaborar nas tarefas de atención ao alumnado no comedor escolar para o próximo curso académico, podedes apuntarvos nas listas de admisión, que se atopan na secretaría do centro, a partir do 22 de xuño.

 

 ACORDOS DO CONSELLO ESCOLAR

 

Segundo o acordado polo Consello Escolar, en sesión celebrada o 7 de xuño do 2016 :

  • O alumnado fillo de pais e nais, titores legais e acolledores familiares, traballadores ambos con incompatibilidade dos seus horarios laborais co horario de saída do seu fillo/a ao mediodía, revisaranse e baremaranse ditas solicitudes, avaliándoas, segundo a seguinte orde de preferencia:

-     Alumnado con irmás ou irmáns usuarios do servizo de comedor no curso escolar anterior.

-    Renda anual neta per cápita da unidade familiar a que pertenza o alumno/a calculada segundo o 6.2.5 da Instrución1/2006, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria do 30 de maio, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso 2016/2017. (Ordearanse de menor a maior renda)

-    No suposto de ir dous irmáns ou irmás seguidos/as na lista e só haber praza para un, serán os pais/nais ou titores legais os que decidirán cal deles/as será admitido/a.

 

  • Considerarase como incompatibilidade do horario laboral dos seus pais/nais/titores legais/acolledores familiares co horario de saída do seu fillo/a ao mediodía, o seguinte:

-  Traballos por quendas cando algunha das mesmas cumpra os criterios definidos de incompatibilidade horaria.

-     Horario de saída do traballo (acreditado documentalmente) con imposibilidade de estar no centro escolar ás 13:30h. A ferramenta a utilizar para medir o tempo de traslado dende o centro de traballo será a aplicación googlemaps.

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

        Xa está aberto o prazo de presentación de solicitudes para a participación no fondo solidario de libros de texto e as axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Educación Especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/2017.

        Os formularios están á vosa disposición na secretaría do cenro.

        Toda a información relativa ás mesmas pódese consultar no seguinte enlace:

                       http://www.edu.xunta.gal/portal/node/18988 

ADMISIÓN MATRÍCULA CURSO 2016/17

Procedemento de admisión do alumnado. Curso 2016/2017.

  1. Normativa reguladora do procedemento:

o   Decreto 254/2012, do 13 de decembro, pola que se regula o proceso de admisión en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas do segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, publicada no DOG do 15 de marzo (corrección de erros DOG do 24 de abril de 2013. (descargar aquí)

o   Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (descargar aquí)

o   Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o procedemento de admisión do alumnado en centros sostidos con fondos públicos para o curso académico 2016/2017.(descargar aquí)

o   Instrucións da Xefatura Territorial da Coruña para os centros sostidos con fondos públicos sobre o proceso de admisión do alumnado para o curso 2016/2017. (descargar aquí)

O prazo de presentación:

          O prazo de presentación das solicitudes de admisión abranguerá do 1 ao 29 de marzo de 2016, ambos incluídos.

Quen pode presentar o formulario de matrícula?:

o   Alumnado que solicite posto escolar por primeira vez (3 anos)

o   Alumnado matriculado nun centro docente que desexe cambiar a outro centro

Relación de postos escolares vacantes para 2016/17:

NIVEL

VACANTES

3 anos

75

4 anos

26

5 anos

22

1º EP

21

2º EP

44

3º EP

28

4º EP

15

5º EP

15

6º EP

9

Resérvanse 3 postos escolares por unidade nos cursos de 4ºde Educación Infantil (3anos) e en 1º E.Primaria.

Documentación a aportar:

o   Solicitude de admisión (anexo II) (descargar aquí)

o   Se é o caso, documentación xustificativa para alumnado de N.E.E.

o   Autorización do uso de vídeos e fotos (descargar aquí)

o   Autorización saídas dentro da localidade (descargar aquí)

o   Solicitude de optativa (descargar aquí)

o   Ficha reserva de transporte (descargar aquí)

o   Cuestionario familias infantil (descargar aquí)

o   Orixinal ou copia cotexada do libro de familia onde constan os datos da unidade familiar

o   Orixinal ou copia cotexada dos DNI, pasaportes ou NIE dos dous pais

o   No caso de alumnado procedente do estranxeiro: orixinal ou copia cotexada do pasaporte do/a alumn@ onde conste a data de entrada no país.

o   Orixinal ou copia cotexada da tarxeta sanitaria do/a alumn@

o   Certificado médico

o   Certificado de empadroamento dos membros que constitúan a unidade familiar

o   Certificado de matrícula do centro de orixe, se o houbese

o   Dúas fotografías do/a alumn@

No caso de pais/nais separados/as ou divorciados/as:

o   Orixinal ou copia cotexada da sentenza de garda e custodia.

A solicitude debe vir asinada por ambas/os proxenitoras/es, agás que a patria potestade estea atribuída a un deles con carácter exclusivo, ou en situación de violencia de xénero. No caso de que só asine un proxenitor:

o   Declaración xurada que xustifique o motivo da omisión por calquera medio de proba admitido en dereito

Publicación das listaxes de admitid@s/non admitid@s:

o   Listaxe provisional:antes do 25 de abril

o   Listaxe definitiva:antes do 15 de maio.

o   Formalización matrícula: 20-30 de xuño.

             Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. En caso de infracción, esta determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle. O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión. O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunícalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

 

Centros de adscrición:

          I.E.S. Punta Candieira.

Servizos complementarios que oferta o centro:

 

o  Comedor: regulado pola Orde do 21 de febreiro de 2007 (descargar aquí), o Decreto 132/2013, do 1 de agosto (descargar aquí) e a Instrución 1/2015 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, do 1 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2015/16, agás instrucións posteriores ao respecto (descargar aquí)

 

o   Transporte: regulado pola Instrución 3/2015 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e O.U. do 1 de xuño sobre a xestión do servizo de transporte escolar no curso 2015/16, agás instrucións posteriores ao respecto. (descargar aquí)

TELÉFONO NOVO

O novo número do colexio é 881930091, xa está operativo dende hoxe martes 2 de febreiro.

Mellora da convivencia escolar

Estimadas familias:


No marco de mellora da convivencia escolar que promove o Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar, pedimos a vosa colaboración para a recollida de datos masiva que ten por obxecto detectar cal é o clima escolar da nosa comunidade e guiar as accións de mellora que sexan precisas.


As familias que desexen participar deberán cubrir un cuestionario en liña (un por familia, independentemente do número de fillos no centro). Recibiredes as instruccións e a clave de acceso en sobre pechado. O cuestionario é totalmente anónimo e leva uns dez minutos cubrilo.


Se algún de vós ten dificultades para acceder a internet ou entender as instruccións , non dubidedes en acudir á secretaría do centro en horario de 09:00 a 10:00h, onde vos ofreceremos axuda para cubrilo.


O prazo para cubrir a enquisa é o 30 de novembro.


Agradecemos a vosa colaboración e participación.


Enlace para acceder ó cuestionario

Distribuir contido


by Dr. Radut