Skip to Content

Secretaría

Reunión Infantil 3 anos

Bo día:

Infórmase de que o día 28 de xuño haberá unha reunión no Ceip Nicolás del Río para as familias do alumnado que comeza en 3 anos de Educación Infantil. Será no comedor escolar ás 12:00 da mañá.

PLAZO FORMALIZACIÓN MATRÍCULA DO 20 AO 30 DE XUÑO. NOVO INGRESO

Está aberto o prazo para formalización de matrícula de alumnado de novo ingreso ata o 30 de xuño. Máis información na secretaría do centro.

Listado de libros de texto 23/24

Descargar listado libros de texto para o curso 2023/24

Axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2023/24

O prazo de presentación de solicitudes é dende o 22 de maio ao 21 de xuño de 2023.

As solicitudes están publicadas na páxina web do centro, na sede electrónica da Xunta de Galicia (modelo ED330B) e na secretaría do centro.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica na aplicación "FONDOLIBROS" (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) ou na sede electrónica da Xunta de Galicia buscando o procedemento ED330B (é preciso ter chave 365, certificado dixital ou clave e usuario de educaión). Opcionalmente pódense presentar na secretaría do centro.

Toda a información está na nota informativa para familias.
Achégase tamén a Orde de 10 de maio de 2023 que regula as axudas de libros de texto e material escolar para o curso 2023/24.

 

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS CURSO 2023/24

Estimadas familias

No taboleiro de secretaría están expostas as listaxes de admitidos para o curso 2023/24.

A matrícula formalizarase entre o 20 e 30 de xuño.

 

ADMISIÓN ALUMNADO 2023/2024

RESERVA DE PRAZA NO CEIP NICOLAS DEL RIO PARA O ALUMNADO DE NOVO INGRESO CURSO 2023/24

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto dende o 1 ao 20 de marzo (ambos inclusive) para todo o alumnado de novo ingreso do curso 2023/24

- Alumnado de 4º educación infantil (3 anos): deberán achegar a solicitude (modelo ED550B) e un documento acreditativo da idade do/a alumno/a

- Alumnado de outros cursos que xa esté escolarizado noutro centro (modelo ED550B), documento acreditativo da idade e certificado de matrícula do/a alumno/a.

 

A solicitude (ED550B) está a vosa disposición nesta páxina web, na secretaría do centro ou na aplicación admisionalumnado "https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado".

A solicitude pódese presentar presencialmente na secretaría do centro ou telemáticamente a través da aplicación "admisionalumnado" para o que é preciso ter a chave 365 ou certificado dixital.

Nota informativa

Modelo ED550B en galego

Modelo ED550B en castellano

Enlace á aplicación admisionalumnado

 

RESERVA DE PRAZA CENTRO ADCRITO (Proceso de admisión)

RESERVA PRAZA PARA O IES PUNTA CANDIEIRA CURSO 1º ESO

O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto dende hoxe 16 de xaneiro ata o 6 de febreiro de 2023 (ambos inclusive).

A solicitude pódese presentar telemáticamente na aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ ou presencialmente no centro educativo (CEIP Nicolás del Río).

Si se autorizan as comprobacións de datos polos proxenitores non é preciso entregar ningunha outra documentación, so a solicitude e o anexo (bis)

Modelos:

Solicitude e anexo en Galego

Solicitude e anexo en Castellano

Manual para as familias

Prazos

DIGITAL WEEK

LISTADO DE ALUMNADO SELECCIONADO NO PROGRAMA DIGITALWEEK E LISTA DE RESERVA

DESCARGAR AQUÍ

 

LISTAXE DEFINITIVA ADMITIDOS DE COMEDOR PARA O CURSO 2022-23

PUBLICADAS EN SECRETARÍA AS LISTAXES DE ADMITIDOS E DE RESERVA PARA COMEDOR ESCOLAR. AS FAMILIAS QUE TEÑAN PENDENTE ENTREGAR DOCUMENTACIÓN DEBERÁN FACELO ATA O 19 DE XUÑO (INCLUSIVE).

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS DE AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL PARA O CURSO 2022-23

NO TABOLEIRO DE SECRETARÍA ESTÁ EXPOSTA A LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS DE AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL PARA O CURSO 2022-23.

LISTAXES DE SOLICITUDES PRESENTADAS DE AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

No taboleiro da secretaría do centro educativo están expostas as listaxes de solicitudes presentadas para as axudas de libros de texto e material escolar para o curso 2021-22.

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2022/23

Dende o día de hoxe, 19 de maio, ata o 22 de xuño, ábrese o prazo de presentación de solicitudes para as axudas de libros de texto e material esolar para o curso 2022/23. (Orde do 29 de abril)

Nota informativa

Modelo de solicitude Anexo I

Modelo de solicitude Anexo II

Prazos

Pódense presentar as solicitudes presencialmente na secretaría do centro educativo ou ben telemáticamente https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/ ou na sede electrónica da Xunta de Galicia  (necesario o certificado dixital ou chave). 

Recórdase que o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria, para ter dereito a esta axuda hai que ter devoltos os libros do curso 2021/22 con data límite 20 de xuño.

ADMISIÓN CURSO 2022/23

 

PUBLICADAS AS LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2022/23

(Están publicadas no taboleiro de anuncios de secretaría)

A FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA REALIZARASE NA SECRETARÍA DO CENTRO ENTRE O 20 E O 30 DE XUÑO, AMBOS INCLUSIVE

 

 

PUBLICADAS AS LISTAXES DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2022/23

(Están publicadas no taboleiro de anuncios de secretaría

 

 

En caso de separación ou divorcio a solicitude terá que vir asinada por ambos proxenitores e acompañada dunha copia da sentencia.

SOLICITUDE EN GALEGO

SOLICITUD EN CASTELLANO

 

 

 

ADMISIÓN - RESERVA DE PRAZA IES PUNTA CANDIEIRA CURSO 2022/23

Seguindo as indicacións que establece a Lei 2/2006 do 3 de maio de Educación e a normativa de admisión de alumnado, todo o alumnado de 6º de educación primaria deberá entregar a solicitude de reserva de praza para o IES Punta Candieira do curso 2022/2023 (modelo ED550A).

 
O prazo está aberto dende o 11 de xaneiro ao 8 de febreiro (ambos inclusive) e as solicitudes poderanse presentar en papel na secretaría deste centro ou na aplicación "admisionalumnado" (é preciso ter chave365 ou certificado dixital)
 
En caso de separación ou divorcio a solicitude deberá vir asinada por ambos proxenitores.
 
A publicación das listaxe será antes do 25 de febreiro no taboleiro de anuncios da secretaría deste centro

Axudas de máscaras curso 2021/22

Están publicados no taboleiro de secretaría os listados provisionais de admitidos e excluídos para as axudas de máscaras.

A dirección.

PROCLAMACIÓN CANDIDATURAS ELECTAS CONSELLO ESCOLAR

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

PUBLICACIÓN DE CANDIDATURAS PRESENTADAS

DESCARGAR AQUÍ

PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Instruccións descargar aquí.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut