Skip to main content

APADRIÑAMENTOS LECTORES E SEMENTEIRA DE LIBROS

UNHA VEZ MÁIS, AS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE CEDEIRA COLABORAMOS

NA ORGANIZACIÓN DUNHA ACTIVIDADE DE FOMENTO DA LECTURA (e algo máis)

PARA FESTEXAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

AS RAPAZAS E RAPACES DE 2º DE BACHARELATO DO IES PUNTA CANDIEIRA

EXERCERON DE MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES

DO ALUMNADO DE 3 ANOS DO CEIP NICOLÁS DEL RÍO.

O PRIMEIRO CONTACTO VIVÍRONO A SEMANA PASADA

A TRAVÉS DUN VÍDEO DE PRESENTACIÓN.

E HOXE PRODUCIUSE O ENCONTRO ENTRE MADRIÑAS/PADRIÑOS E AFILLADAS/OS,

CON INTERCAMBIO DE AGASALLOS, UNHA SEMENTEIRA DE LIBROS POLA VILA,

XOGOS, RISAS E, POR SUPOSTO,

LECTURA