Skip to main content

CARLOS LABRAÑA

PARABÉNS PARA A NOSA BIBLIOTECA

Hai xa un tempo que o noso querido Percebín fixo unha petición:

un nome para a nosa biblioteca.

Tería que ser dunha persoa de Cedeira a quen lle gustasen os libros para nenos e nenas.

E buscando e buscando...atopámola!
E non só lle gustan os libros para nenos senón que tamén os escribe!

E faino tan ben que lle dan premios: Premio Estornela, Premio O Facho, gañador do Certame Xeración Nós ...
O curso pasado o alumnado representou a súa obra "Estrelamar", todo un éxito!
Todo o claustro de profesorado estivo de acordo coa suxestión ao igual que o Consello Escolar.
Así que despois de que o propio autor aceptase a proposta, temos o pracer de comunicarvos que a nosa biblioteca escolar pasará a denominarse "Carlos Labraña".
Serán diversas as actividades que faremos ao longo do curso para poder rematar coa reapertura da biblioteca, á que estaredes convidados ao seu debido tempo.
Polo de pronto, temos a sorte de poder contar con Carlos Labraña no Auditorio de Cedeira o martes 22 de decembro ás 19 h (entrada de balde) para presentar os seus dous últimos libros de teatro e a representación de "Estrelamar" a cargo do grupo de teatro Os Furabolos

Enlace noticia presentación libros