Skip to main content

ANUNCIO NADAL CO COMERCIO LOCAL

O alumnado de 2º de Primaria (Esquíos, Duendes e Vagalumes) xúntanse para promocionar

o Comercio Local, o da nosa vila. Así deseñan un anuncio de Nadal para convencer da importancia

de mercar na vila, pretiño, con persoas de confianza ás que vemos tódolos días e sabemos que

se preocuparán por cumprir os nosos desexos. Por elas e eles, o anuncio de nadal:

No Nadal merca no Comercio Local!

 

 

As tendas nas que estamos a diario son importantes para a sostibilidade do planeta.

Apostar polo comercio local é sinónimo de posicionarse firmemente do lado da sostibilidade:

do consumo responsable, da conservación do territorio, de velar polo medio ambiente. 

Por iso, os ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2.030) aos que máis

contribúe o Comercio Local son os relacionados co cambio climático. O Comercio Local contribúe

de xeito decisivo na diminución da pegada de carbono que deixa cada persoa.

Cando o consumidor merca no seu barrio, na súa vila, é moi probable que o faga a pe,

reducindo as emisións que proveñen de distintos medios de transporte e diminúe de maneira

clara sobre o medio ambiente.

 

O Comercio Local tamén axuda a loitar contra a desertización rural, xa que a supervivencia

destes comercios nunha vila pequena coma a nosa, permiten que teñamos os produtos e servizos

de primeira necesidade.

 

O obxectivo de loitar por unha produción e consumo responsables constitúe a esencia do Comercio Local,

xa que o mercar "preto" favorece a substitución do "mercar e tirar" pola de "encher e reparar".

 

Ademáis, o Comercio Local fomenta a actividade emprendedora de pequenas/os empresarias/os e autónomas/os

e xera moitos empregos, cumprindo así outro ODS sobre a loita polo traballo decente e o crecemento económico.