Skip to main content

Outubro 2023

APERTURA DA AULA SENSORIAL #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Nestes días o alumnado da escola está a coñecer a nova aula sensorial.

Un espazo creado con tenrura, para promover a calma e a inclusión.

É unha sala agradable chea de recursos sensoriais: luces, música, texturas,

imaxes, sons, proxectores, unha mesa sensorial para crear minimundos,

un recuncho de lectura, coxíns, alfombras táctiles, unha barra, espellos, xogos e

xoguetes sensoriais ... para potenciar o desenrolo cognitivo e emocional da rapazada. 

Unha sala para estimular os sentidos,  para favorecer a atención, a exploración,

o pracer e as sensacións de benestar.

Un lugar onde a comunicación é posible de xeito diferente.

 

A este recuncho relaxado, seguro, tranquilo e inclusivo,

o alumnado accedera de varias maneiras: sempre que o necesite, 

en sesións con especialistas de PT e AL, en grupos reducidos con

titoras ou especialistas e na hora do recreo por quendas.

É un lugar para todas e todos, pero pensando no diversos que somos

e en cubrir as necesidades de cada un dos que convivimos na escola.

 

 DÍA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL

 

 

 

 


BIBLIOTECA HUMANA A CIDADANÍA VOLTA Á ESCOLA! #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #bibliotecacreativa #poloscreativos #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

A Biblioteca Humana, dentro do programa Lectura e Familias,

volve outro ano máis para facer escola entre todos e todas!

 

Está claro que as nosas xentes son fonte de recursos diversa.

Ademáis a biblioteca, as mestras e os mestres somos conscientes do poder motivador

que pode exercer que a avoa, o tío, a madriña, a veciña, o curmán, mamá, papá...

se achegue á escola e forme parte dela, que cree, ensine, lea, constrúa coñecemento.

Por todas estas razóns e moitas máis, abrimos novamente o banco humano

que abarca tres grandes obxectivos:

 

a)Continuar ampliando as persoas libro (contar oralmente unha vivencia, experiencia, saber...

a un grupo pequeno de persoas que logo teñen opción a facer preguntas sobre o comentado).

 

b)Acudir na hora de ler a contar unha historia a tódolos

compañeiros e compañeiras da aula do seu familiar.

 

c)Realizar un ou varios obradoiros sobre a temática que se solicita co alumnado.

 

A escola conta cunha gran dotación de recursos materias de Polos Creativos e da biblioteca escolar.

Somos moi afortunadas e afortunados pois temos un centro con gran cantidade de material.

Agora é necesario sacarlle o máximo partido para aprender do mellor xeito que sabemos, Xuntos!

 

 

 

 

 

 

 

TRUE TRUE ROBÓTICA #poloscrativos #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Na Biblioteca Creativa a programación de robots é unha das

actividades máis demandada pola rapazada, a tecnoloxía

leva implícita a motivación. Con esta premisa por diante,

iniciamos ao alumnado na lectura e interpretación de

secuencias de programación.

Nesta ocasión sobre a Prehistoria.

 

 

 

 

 

HORA DE LER #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

A hora de ler é unha actividade imprescindible, dinámica e diversa,

pode desenvolverse en múltiples espazos, con diversidade

de textos, a calquera idade, pode ser individual, compartida...

O importante é brindarlles unha boa selección e que sexa

comprendida polo lector ou que teña outra

persoa que lle tenda unha ponte para interpretala.