Skip to main content

Abril 2021

DÍA DO LIBRO - XEOGRAFÍAS LECTORAS - CREACIÓN DUN CÓMIC

O alumnado de 1º crea un cómic coa aplicación Canva.

Tras unha conversa grupal do que desexan contar, escollen as fotografías que fan referencia á xeografía da nosa vila.

Posteriormente, en pequenos grupos van avanzando na aventura.

Durante a semana anterior á escrita fanse dúas pequenas reunións con toda a rapazada para escoitar as súas opinións e telas en conta.

O alumnado avanza na escrita ao seu ritmo, uns con escritura libre total e outros con apoios.

Afondan no mundo do cómic: onomatopeyas, diálogos, bocadillos...

Aquí a súa creación!

 

Orange and Green Dogs 2 Panel Comic Strip by M

XINCANA DÍA DO LIBRO

Unha das actividades para festexar o Día do Libro foi unha xincana con 6 retos que os alumnos e alumnas de Educación Primaria tiveron que resolver buscando nun plano do centro. As solucións estaban en libros agochados en diferentes zonas marcadas no mapa. Con cada reto, conseguiron unha peza do puzzle para rematar formando unha frase relacionada co Día do Libro.

Día do Libro. Infantil. Cita a cegas!!!

Outra das actividades para celebrar o Día do Libro neste caso en Educación Infantil, foi a lectura dun libro sorpresa que chegou a cada clase...

BOOKFACE NO DÍA DO LIBRO 2021

Unha das actividades propostas para o Día do Libro foi a realización de BOOKFACES, que podían facer nas casas, clases, biblioteca, etc...

Preme aquí nesta ligazón para acceder a todas as fotos enviadas por familias e mestres. No caso de faltar algunha prégase enviar un mail a biblio.nicolas.del.rio@gmail.com.

Ademáis elaboramos un vídeo cunha selección de bookfaces para facer un resumo da actividade!!!

 

 

Día Mundial do Teatro

Posted in

O teatro na Vila de Cedeira ten un longo percorrido. Non podemos esquecer a figura de Fusa Guillén que con asociacións como A Garola, levou o mundo teatral a toda a Vila, creando canteira de artistas. Como é o caso de Carlos Labraña, alumno seu, dramaturgo e persoa que da nome á nosa biblioteca. Alguén sempre disposto a axudar e colaborar con nós.