Skip to Content

Complementarias

Edusaúde.

 

Alimentarnos de forma adecuada e realizar exercicio físico é moi importante para que o noso corpo medre san e forte. 

Na nosa escola xa recibimos formación en nutrición e dieta equilibrada da man dun especialista. Agora imos elaborar un receitario entre todos/as propoñendo primeiros, segundos ou postres, para o almorzo, o xantar, as merendas ou as ceas.

Anímate a entrar no enlace e publicar unha receita saudable.

https://padlet.com/primeirociclodemuimenta/recetariosaudable

 

REVISTA ESCOLAR "A CHAIRA"

Xa podedes ver o último número da revista escolar "A CHAIRA" 2009-2010.

Plantando árbores con pinceis

Así de fermosa quedou a parede da entrada do noso centro!

Nesta actividade de "Plantando árbores con pinceis", o noso alumnado aprendeu un montón das pinturas catalíticas como unha forma de gozar ca arte de forma sostible. Se queredes ver todo o proceso achegádevos ao noso instragrama @chairadoslibros.

Non dubidedes en vir a velo!

Revista escolar do curso 2022/2023,

Coma todos os anos, os maiores e os profes fixemos a revista do cole. Se queredes descargala ou botarlle un ollo, só tedes que ver o documento que se adxunta.

Voluntariado miúdo!

Este curso 22/23 o cole de Muimenta participou no programa Voluntariado Miúdo. A través del coidamos e traballamos polo medio que nos rodea.

Os maiores crearon unha presentación que podedes ver neste enlace para ensinarnos a tod@s en que consisten as famosísimas TRES ERRES.

Reducir, reutilizar e reciclar! Sempre! E para ser consecuentes, o que fixemos foi comezar polo noso patio. A Ecopatrulla chairega vixiou e limpou a nosa escola. Tod@s participamos patrullando polo ben de todos.

Por último, @s alumn@s de 3º ata 6º acudiron a unha xornada en Gandarío onde conviviron con nen@s doutros centros e compartiron o que fixeron e fixemos para mellorar o mundo.

PresentaciónEcopatrulla1

Contaxia as ganas de ler!

Atención, recomendación!!

Para celebrar o Día do Libro, o alumnado do CEIP de Muimenta non queremos perder a oportunidade de contaxiarvos o melloriño que hai: as ganas de ler!

Porque ler é divertirse, ler é aprender e ler é viaxar sen movernos do sitio!

Anímate a dar unha volta pola biblio!

 

Neste Entroido somos.... Maruja Mallo!

Para celebrar o 8M, día da Muller, centrámonos en varias pintoras e ilustradoras. Unha delas foi Maruja Mallo: unha galega que conviviu coa gran xeración do 27, unha muller forte, con personalidade, que non se acovardou ante situacións adversas. 

Animádevos a escanear este código, primeiro e segundo cóntavos máis cousiñas sobre esta artista de Viveiro. 

Coplas de Entroido!

As coplas de Entroido sempre son un divertimento para estes tempos de festas, enchedolas e risas. 

Os nenos e nenas de primeiro e segundo fixemos un repaso polo Entroido do cole mentres recitamos coplas tradicionais.

 

ESCOLAS VIAXEIRAS 09

O noso alumnado de 5º e 6º viaxará o vindeiro 14 de abril ata Murcia coa fin de disfrutar dunha grande viaxe. Permanacerán alí ata o día 20 con outros centros de Zaragoza e Badajoz.

Se queredes ver onde será a vosa estancia clicade aquí e para saber algo máis sobre o cole de Zaragoza visitade a súa páxina web aquí

Atoparedes a guía de actividades e as normas da residencia nos ficheiros adxuntos.

BOA VIAXE!!!

 

Visita a Sotavento

Visita do noso colexio ao parque eólico de Sotavento.

O vindeiro día 30 do mes de marzo temos programada unha viaxe ao parque eólico experimental de Sotavento, onde os nosos/as alumnos/as participarán en actividades didácticas.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut