Skip to Content

Taboleiro

ULTIMO MES DO CURSO

Pois si amig@s, si.Comeza xa xuño e con el a xornada única.Lembrade que a partires do luns o horario é de : 9 a 14 hrs.

Xa só queda o derradeiro esforzo e dentro de nada estaredes de vacacións para disfrutar despois de tanto traballo.

XORNADA DE CONVIVENCIA E DEPORTE C.E.I.P.s de MUIMENTA E TERRA CHÁ DE ROMÁN

Os alumn@s de 3º Ciclo do Colexio acompañados por dous profesores (Luisa e Fiz) partiron ás 10:30 da mañá para o C.E.I.P.  de TERRA CHA  de Román no concello de Vilalba co fin de realizar xogos (xadrez, fútbol, baloncesto, béisbol...) e outras actividades educativas.Regresarán ás 13:30. Patrocina a Concellería de Deporte.

Visita a Sotavento

Visita do noso colexio ao parque eólico de Sotavento.

O vindeiro día 30 do mes de marzo temos programada unha viaxe ao parque eólico experimental de Sotavento, onde os nosos/as alumnos/as participarán en actividades didácticas.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut