Skip to Content

Voluntariado miúdo!

Este curso 22/23 o cole de Muimenta participou no programa Voluntariado Miúdo. A través del coidamos e traballamos polo medio que nos rodea.

Os maiores crearon unha presentación que podedes ver neste enlace para ensinarnos a tod@s en que consisten as famosísimas TRES ERRES.

Reducir, reutilizar e reciclar! Sempre! E para ser consecuentes, o que fixemos foi comezar polo noso patio. A Ecopatrulla chairega vixiou e limpou a nosa escola. Tod@s participamos patrullando polo ben de todos.

Por último, @s alumn@s de 3º ata 6º acudiron a unha xornada en Gandarío onde conviviron con nen@s doutros centros e compartiron o que fixeron e fixemos para mellorar o mundo.

PresentaciónEcopatrulla1

Ecopatrulla3ecopatrulla 2

Gandarío

 



blog | by Dr. Radut